(+34) 986 610 000
(+34) 986 610 283
alcaldia@aguarda.es
Praza do Reló 1, A Guarda, CP 36780
Login
No apps configured. Please contact your administrator.

Login with your site account

No apps configured. Please contact your administrator.
Lost your password?

  • Galician
  • English
Concello da GuardaConcello da Guarda
  • Search

    • Local Administration
      • Welcome of the Mayor
      • Local Administration
      • Reporting Committees
        • Special Account Commision
        • Plenary Affairs Commission
        • Urban Affairs Commission
      • Government Team
      • Municipal Corporation
      • Plenary Session Minutes
      • Minutes of Local Government Board
      • Flag and Local Coat of Arms
    • Regulatory Affairs
      • General Ordinances
      • Tax Ordinances
      • Regulations
      • Taxpayer’s Calendar
      • Payment Letters
    • Municipal services
      • CeMIT Room
      • Culture
      • Sport
      • Education
      • Nursery School
      • Heritage
      • Local Police
      • Social Services
      • Urbanism
      • Highways and Works
      • YOUTH (Municipal Youth Information Office- OMIX)
      • Municipal Market
    • MOT in A Guarda
    • Emergency Pharmacy
    • Spanish ID Card Renewal
    • Associations and Groups
    • Local Administration
      • Welcome of the Mayor
      • Local Administration
      • Reporting Committees
        • Special Account Commision
        • Plenary Affairs Commission
        • Urban Affairs Commission
      • Government Team
      • Municipal Corporation
      • Plenary Session Minutes
      • Minutes of Local Government Board
      • Flag and Local Coat of Arms
    • Regulatory Affairs
      • General Ordinances
      • Tax Ordinances
      • Regulations
      • Taxpayer’s Calendar
      • Payment Letters
    • Municipal services
      • CeMIT Room
      • Culture
      • Sport
      • Education
      • Nursery School
      • Heritage
      • Local Police
      • Social Services
      • Urbanism
      • Highways and Works
      • YOUTH (Municipal Youth Information Office- OMIX)
      • Municipal Market
    • MOT in A Guarda
    • Emergency Pharmacy
    • Spanish ID Card Renewal
    • Associations and Groups

    Turismo

    • Home
    • Turismo
    • O Concello da Guarda impulsa a promoción da vila como destino turístico en FITUR 2018

    O Concello da Guarda impulsa a promoción da vila como destino turístico en FITUR 2018

    • Posted by prensa
    • Categories Turismo
    • Date 19 January, 2018

    O Concello da Guarda participou na Feira Internacional de Turismo (FITUR) 2018, que se celebra entre os días 17 e 21 de xaneiro en Madrid, impulsando a promoción da vila como destino turístico de calidade.

    A delegación da Guarda -formada pola concelleira de Turismo, Montserrat Magallanes, o concelleiro de Patrimonio, Xavier Crespo, e a técnica de Turismo, Rosalía Verde- mantivo durante as xornadas do mércores e o xoves, días 17 e 18 de xaneiro, diversas reunións e encontros con consultores turísticos especializados, empresas de turismo tecnolóxico e turismo activo, e importantes axencias turísticas, tanto consolidadas como de creación recente. Estas últimas, especializadas en segmentos do mercado turístico, resultaron de gran interese para A Guarda.

    Na tarde do mércores, os representantes guardeses acudiron ao acto de entrega dos premios EDEN (Destinos Europeos de Excelencia) 2017 que tivo lugar no expositor de Turespaña. No evento, convocado pola Secretaría de Estado de Turismo e presentado polo subdirector xeral de Cooperación e Competitividade Turística, Antonio Nieto Magro, e a secretaria de Estado de Turismo, Matilde Asián González, fíxose entrega do galardón ao proxecto vasco «Tierra Ignaciana». Tras a entrega do premio, os técnicos dos destinos EDEN mantiveron a habitual reunión de traballo na que se concretaron as próximas actuacións para a promoción dos Destinos Europeos de Excelencia, entre os que se atopa a vila guardesa.

    Con todo, onte foi o día máis importante nesta trixésimo oitava edición da feira. Ás 12 h, os representantes municipais acudiron á presentación da campaña «Rías Baixas, somos historias» realizada pola Deputación de Pontevedra, co obxectivo de prestixiar a provincia como destino turístico cultural e de lecer e propiciar un turismo desestacionalizado.

    Este ano, o Concello da Guarda e a Comisión das Festas do Monte traballarán conxuntamente para lograr o recoñecemento destas como Festas de Interese Turístico Nacional. Con este obxectivo, a delegación guardesa mantivo durante a súa estadía en Madrid reunións con axencias de comunicación e asociacións de xornalistas especializados en turismo.

    A delegación guardesa, aproveitando a súa estadía en Madrid, visitou a mostra pictórica «Laberinto de colores» do artista guardés Antonio Martínez («Cachi»), formada por lenzos que amosan a natureza, o mar e a terra, e nos que A Guarda é protagonista. As obras permanecerán expostas na Casa de Galicia en Madrid ata o próximo 31 de xaneiro.

    FITUR 2018

    A Guarda, que participa na feira dende o ano 2011, estivo presente durante as xornadas do 17 e o18 de xaneiro no expositor de Turismo de Galicia, ofrecendo información turística de interese ao público en xeral. A información sobre a vila permanecerá exposta ata o remate da feira, para que profesionais e visitantes podan dispoñer dela e coñecer a oferta turística da Guarda.

    A Feira Internacional de Turismo (FITUR) defínese como un punto de encontro global entre os profesionais do sector, coa participación anual de miles de empresas, entidades públicas e profesionais de todo o mundo.

      Tag:Deputación de Pontevedra, FITUR 2018, Rías Baixas, Turespaña, turismo, Turismo de Galicia

      • Share:
      prensa

      Previous post

      A Biblioteca Municipal premia aos seus tres mellores lectores polo Día dos Usuarios
      19 January, 2018

      Next post

      As citas dispoñibles para a renovación do DNI na Guarda esgotáronse ata marzo
      20 January, 2018

      You may also like

      • As bandeiras azuis xa ondean nas praias do Muíño e da Area Grande
        3 July, 2025
      • Menos de 48h para dar comezo á XXXIII Festa da Langosta
        2 July, 2025
      • A Guarda presentou a súa XXXIII Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira en Marín
        26 June, 2025

      Search

      Categories

      • General
      • Highways and works
      • Tourism
      • Uncategorized
      • Women

      Rebulindo

      • Móvete (Actividade física)
      • Lemos Xuntos?
      • Dalle ó Play
      • Coñece a vila!
      • A vida é xogo
      • Acion (Formación)
      Logo Concello de A Guarda

      (+34) 986 610 000

      (+34) 986 610 283

      alcaldia@aguarda.es

      MOBILE APP

      You can download the official app of the town hall of A Guarda for:

      A Guarda IOS application
      A Guarda Android application

      Council

      • Write to the Mayor
      • Schedules of Interest
      • Sede Electrónica

      Información

      • Associations and Groups
      • Phones of interest
      • Emergency Pharmacy

      Recommended

      • Events
      • News

      © A Guarda 2017 Todos os dereitos reservados

      • Legal notice
      • Cookies policy
      • Privacy Policy