(+34) 986 610 000
(+34) 986 610 283
alcaldia@aguarda.es
Praza do Reló 1, A Guarda, CP 36780
Login
No apps configured. Please contact your administrator.

Login with your site account

No apps configured. Please contact your administrator.
Lost your password?

  • Galician
  • English
Concello da GuardaConcello da Guarda
  • Search

    • Local Administration
      • Welcome of the Mayor
      • Local Administration
      • Reporting Committees
        • Special Account Commision
        • Plenary Affairs Commission
        • Urban Affairs Commission
      • Government Team
      • Municipal Corporation
      • Plenary Session Minutes
      • Minutes of Local Government Board
      • Flag and Local Coat of Arms
    • Regulatory Affairs
      • General Ordinances
      • Tax Ordinances
      • Regulations
      • Taxpayer’s Calendar
      • Payment Letters
    • Municipal services
      • CeMIT Room
      • Culture
      • Sport
      • Education
      • Nursery School
      • Heritage
      • Local Police
      • Social Services
      • Urbanism
      • Highways and Works
      • YOUTH (Municipal Youth Information Office- OMIX)
      • Municipal Market
    • MOT in A Guarda
    • Emergency Pharmacy
    • Spanish ID Card Renewal
    • Associations and Groups
    • Local Administration
      • Welcome of the Mayor
      • Local Administration
      • Reporting Committees
        • Special Account Commision
        • Plenary Affairs Commission
        • Urban Affairs Commission
      • Government Team
      • Municipal Corporation
      • Plenary Session Minutes
      • Minutes of Local Government Board
      • Flag and Local Coat of Arms
    • Regulatory Affairs
      • General Ordinances
      • Tax Ordinances
      • Regulations
      • Taxpayer’s Calendar
      • Payment Letters
    • Municipal services
      • CeMIT Room
      • Culture
      • Sport
      • Education
      • Nursery School
      • Heritage
      • Local Police
      • Social Services
      • Urbanism
      • Highways and Works
      • YOUTH (Municipal Youth Information Office- OMIX)
      • Municipal Market
    • MOT in A Guarda
    • Emergency Pharmacy
    • Spanish ID Card Renewal
    • Associations and Groups

    Cultura

    • Home
    • Cultura
    • O Concello e OR.PA.GU renden homenaxe ao Pai Merino cunha xornada divulgativa

    O Concello e OR.PA.GU renden homenaxe ao Pai Merino cunha xornada divulgativa

    • Posted by prensa
    • Categories Cultura
    • Date 23 September, 2017

    O acto, durante o que se presentou a reedición da obra “Estudo das Borrascas na Costa Occidental Galega”, rematou co descubrimento dunha placa conmemorativa xunto ao barómetro aneroide situado na Igrexa do Convento de San Bieito.

    A Organización de Palangreiros Guardeses (OR.PA.GU), en colaboración co Concello da Guarda, celebrou esta mañá na súa sede un acto en homenaxe ao Pai Baltasar Merino, coincidindo co centenario do pasamento do botánico e meteorólogo burgalés que residiu na Guarda durante máis de tres décadas.

    A xornada, co título “A previsión meteorolóxica e a súa repercusión na seguridade marítima”, puxo en valor o labor científico do xesuíta, autor dunha obra de estudo das borrascas na costa galega (publicada en 1893) coa que contribuíu ao mellor coñecemento dos fenómenos meteorolóxicos e marítimos polas xentes do mar e, en consecuencia, á redución das catástrofes a bordo dos pesqueiros.

    Presidiron o acto o alcalde do Concello da Guarda, Antonio Lomba, o delegado territorial da Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), Francisco Infante, o coordinador de MeteoGalicia, Juan Taboada, o director xeral de Salvamento e Seguridade Marítima, Juan Luís Pedrosa, e o presidente de OR.PA.GU, Joaquín Cadilla.

    Relatorios sobre o mar e a ciencia

    Durante a presentación da xornada, o rexedor local referiuse ao sacerdote como “un home de ciencia, ao que as xentes do mar da Guarda e de toda Galicia débenlle moito”, por ter dedicada boa parte da súa vida ao estudo e divulgación das carcterísticas das borrascas da nosa costa e o seu vínculo coa seguridade no mar, traballo no que foi pioneiro. E é que, segundo expuso durante o seu relatorio Juan Taboada, os primeiros avances na meteoroloxía como ciencia predictiva datan do ano 1861.

      Na exposición, titulada “A predición meteorolóxica: pasado, presente e futuro”, o coordinador de MeteoGalicia ofreceu unha aproximación histórica á evolución da disciplina, dende os primeiro e rudimentatios pronósticos meteorolóxicos do século XIX ata a actualidade, na que dispoñemos de radares, estacións, satélites e radiosondeos que permiten unhas medicións e predicións máis precisas e fiables. Con todo, salientou o experto, “o primordial no noso oficio é seguir salvando vidas”; especialmente, aquelas que dependen da meteoroloxía para exercer con garantías de seguridade o seu traballo no entorno marítimo.

      Sobre a evolución dos índices de siniestralidade da flota tratou o director xeral de Salvamento e Seguridade Marítima, facendo fincapé no progresivo descenso anual do número de actuacións da entidade, entre cuxas funcións se atopan as de rescate de persoas na mar e o control do tráfico marítimo.

      O Pai Merino, “home de mundo”

      O presidente de OR.PA.GU, Joaquín Cadilla, quixo finalizar a xornada lembrando aos asistentes a enorme importancia da obra elaborada polo Pai Merino xa no 1893, “Estudo sobre as Borrascas na Costa Occidental Galega”, que o Concello da Guarda ven de reeditar e por a disposición do público, animando a súa lectura e estudo.

      “Nos somos os descentes dos mariñeiros que, co seu traballo, o Pai Merino logrou salvar”, afirmou Cadilla, que se referiu ao xesuíta como un “investigador fundamental do século XIX” e un “home de mundo”, que residiu en cidades como A Habana, Baltimore e París, ata chegar ao Colexio Apóstolo Santiago da Pasaxe (Camposancos), onde permaneceu ata 1916.

      O acto en homenaxe ao relixioso e científico nado en Burgos, rematou co descubrimento dunha placa conemmorativa xunto ao barómetro aneroide situado no exterior da Igrexa do Convento de San Bieito. Durante o descubrimento da lámina, que lembra a vida e a labor do Pai Merino na Guarda, Antonio Lomba sinalou o incalculable valor do barómetro “que semella levar connosco toda a vida, mais foi colocado polo Pai Merino fai preto de 125 anos” para axudar aos mariñeiros da nosa vila.

        Acudiron tamén ao acto o vicepresidente da Real Academia Galega das Ciencias (RAGC), Franco Fernández, institución que ven de declarar ao Pai Merino como Científico Galego do ano; e membros da Comunidade de Montes de Camposancos, que este domingo 24 de setembro realizarán un unha homenaxe no Parque de Chans a partir das 12:00 horas, coa colocación dunha escultura conmemorativa e o anuncio do rebautismo do terreo, que pasará a chamarse Parque do Pai Baltasar Merino.

        Tag:Homenaxe, Meteoroloxía, ORPAGU, Pai Baltasar Merino, Seguridade Marítima

        • Share:
        prensa

        Previous post

        A Deputación de Pontevedra subvenciona a promoción e mellora do Castelo de Santa Cruz
        23 September, 2017

        Next post

        A Guarda celebra a súa I Mostra Asociativa este sábado na contorna do Centro Cultural
        25 September, 2017

        You may also like

        • O desfile escolar de Entroido ten nova data: 20 de febreiro
          13 February, 2026
        • Adiado o desfile escolar de Entroido pola previsión meteorolóxica
          9 February, 2026
        • O Entroido trae á Guarda unha programación enfocada nos máis pequenos
          4 February, 2026

        Search

        Categories

        • General
        • Highways and works
        • Tourism
        • Uncategorized
        • Women

        Rebulindo

        • Móvete (Actividade física)
        • Lemos Xuntos?
        • Dalle ó Play
        • Coñece a vila!
        • A vida é xogo
        • Acion (Formación)
        Logo Concello de A Guarda

        (+34) 986 610 000

        (+34) 986 610 283

        alcaldia@aguarda.es

        MOBILE APP

        You can download the official app of the town hall of A Guarda for:

        A Guarda IOS application
        A Guarda Android application

        Council

        • Write to the Mayor
        • Schedules of Interest
        • Sede Electrónica
        • Whistleblowing channel

        Información

        • Associations and Groups
        • Phones of interest
        • Emergency Pharmacy

        Recommended

        • Events
        • News

        © A Guarda 2017 Todos os dereitos reservados

        • Legal notice
        • Política de cookies
        • Privacy Policy