Convocatoria de minuto de silencio contra os crimes machistas en Galicia
O Concello da Guarda convoca para mañá mércores 18 de xuño un minuto de silencio ás 12:00 horas na Praza do Reló en memoria de Marisol e Maritza, as dúas mulleres asasinadas en Galicia na última semana a mans das súas parellas.
Deste xeito, tamén queremos enviar o noso apoio a familiares e amigos destas mulleres, vítimas de violencia machista, así como a repulsa de toda A Guarda ante calquera mostra de violencia de xénero.