(+34) 986 610 000
(+34) 986 610 283
alcaldia@aguarda.es
Praza do Reló 1, A Guarda, CP 36780
Login
No apps configured. Please contact your administrator.

Login with your site account

No apps configured. Please contact your administrator.
Lost your password?

  • Galician
  • English
Concello da GuardaConcello da Guarda
  • Search

    • Local Administration
      • Welcome of the Mayor
      • Local Administration
      • Reporting Committees
        • Special Account Commision
        • Plenary Affairs Commission
        • Urban Affairs Commission
      • Government Team
      • Municipal Corporation
      • Plenary Session Minutes
      • Minutes of Local Government Board
      • Flag and Local Coat of Arms
    • Regulatory Affairs
      • General Ordinances
      • Tax Ordinances
      • Regulations
      • Taxpayer’s Calendar
      • Payment Letters
    • Municipal services
      • CeMIT Room
      • Culture
      • Sport
      • Education
      • Nursery School
      • Heritage
      • Local Police
      • Social Services
      • Urbanism
      • Highways and Works
      • YOUTH (Municipal Youth Information Office- OMIX)
      • Municipal Market
    • MOT in A Guarda
    • Emergency Pharmacy
    • Spanish ID Card Renewal
    • Associations and Groups
    • Local Administration
      • Welcome of the Mayor
      • Local Administration
      • Reporting Committees
        • Special Account Commision
        • Plenary Affairs Commission
        • Urban Affairs Commission
      • Government Team
      • Municipal Corporation
      • Plenary Session Minutes
      • Minutes of Local Government Board
      • Flag and Local Coat of Arms
    • Regulatory Affairs
      • General Ordinances
      • Tax Ordinances
      • Regulations
      • Taxpayer’s Calendar
      • Payment Letters
    • Municipal services
      • CeMIT Room
      • Culture
      • Sport
      • Education
      • Nursery School
      • Heritage
      • Local Police
      • Social Services
      • Urbanism
      • Highways and Works
      • YOUTH (Municipal Youth Information Office- OMIX)
      • Municipal Market
    • MOT in A Guarda
    • Emergency Pharmacy
    • Spanish ID Card Renewal
    • Associations and Groups

    Outras

    • Home
    • Outras
    • Declaración institucional: Sobre as acusacións do BNG

    Declaración institucional: Sobre as acusacións do BNG

    • Posted by prensa
    • Categories Outras, | Novas Destacadas
    • Date 24 October, 2024

    Este mércores algúns veciños e veciñas da Guarda víronse sorprendidos por unha fake new publicada nas redes sociais por Anxo Baz e o BNG da Guarda, tamén enviada á prensa, na que daba a entender que a corrupción urbanística paralizaba a compra dos terreos para o Centro Integral de Saúde da Guarda e que o alcalde, Roberto Carrero, estaba no centro da sospeita, indicando, ademais, que o alcalde viuse forzado a retirar da orde do día do pleno a compra dos terreos.

    Ante estas acusacións, o alcalde da Guarda, Roberto Carrero, quixo emitir unha declaración institucional para toda a cidadanía:

    Como todas as fake news, o redactor tendencioso busca algún feito verosímil ou que poida parecelo para converter en real a súa historia, coa que busca enganar ao maior número de persoas posibles. Neste caso, danse todos os elementos dunha fake new, contar unha mentira disfrazada dun feito verdadeiro.

    Cando Anxo Baz di que “a corrupción urbanística paraliza a compra dos terreos”, oculta que, a posible corrupción estaría relacionada cunha denuncia da Comunidade de Montes contra o antigo presidente da mesma e nunca contra o Concello ou o alcalde que nada tiveron que ver nos feitos relatados pola Comunidade de Montes.

    Asemade minte directamente á cidadanía cando apunta que “Roberto Carrero está no centro da sospeita”, ou que “coñecía” os supostos feitos cando estes actos son totalmente alleos ao Concello.

    O alcalde non se “viu forzado a retirar” un asunto na orde do día do pleno senón que, diante dun escrito achegado pola Comunidade de Montes da Guarda, onde advertía dunha denuncia en trámite cara ao expresidente da Comunidade por posibles irregularidades ocorridas tempo atrás e baseándose nun principio de prudencia, namentres a comunidade de montes achega documentos das súas acusacións e para que os servizos xurídicos e técnicos do Concello valoren estas afirmacións, decidiuse con total normalidade, deixar na mesa ese punto da orde do día.

    Esta denuncia en Fiscalía apunta ao expresidente da Comunidade de Montes por feitos aos que o Concello é alleo, non apunta o alcalde. No escrito da Comunidade de Montes recibido no Concello, indícanse distintos supostos de posibles delitos nos que en ningún deles estaría incluído o Concello ao ser unha controversia entre a Comunidade de Montes e seu anterior presidente.

    O alcalde agradeceu á Comunidade de Montes a información enviada indicando que por parte dos servizos xurídicos do Concello revisaranse os mesmos en canto esta entidade os aporte.

    Como é de coñecemento xeral, o Concello da Guarda necesita terreos para o centro integral de saúde e pretende levar a cabo a adquisición a quen sexan os propietarios, independentemente dos litixios que poidan existir. Con todo, esta adquisición non estaba prevista no momento do pleno e o acordo plenario só pretendía dotar de crédito para poder facelo no futuro. Esta situación o único que xera é que a compra de terreos para o centro integral de saúde se dilate prexudicando os intereses da Guarda e a súa comarca.

    É de resaltar que os prezos deses terreos axústanse a razóns técnicas e non a decisións políticas. Así, foron técnicos municipais os que determinaron, en base a criterios obxectivos, o prezo do metro cadrado. Polo que se lles pide encarecidamente ao BNG da Guarda que non poña en dúbida o traballo dos funcionarios e persoal laboral do Concello. Non hai ningunha recualificación de terreos. Os terreos adquiridos son e seguirán sendo terreos rústicos onde só se permiten usos agropecuarios e forestais; isto é madeira, explotacións gandeiras etc.; polo tanto, estes terreos teñen un valor concreto en si mesmos por eses usos forestais e ese valor é definido polos técnicos municipais. Nestes terreos rústicos a lei pemite, ademais deses usos agropecuarios, tamén a creación de dotacións para os municipios ou administracións en aras do interese xeral; é dicir: aí pódese constuir un Centro Integral de Saúde por ser unha dotacion de interese xeral imprescindible para o noso pobo .

    Finalmente, o Goberno da Guarda pide ao BNG da Guarda que abandone a sua politica de fake news, de noticias falsas, e faga o seu traballo con seriedade e sen manipulacion da verdade. Se non queren apoiar os proxectos positivos para A Guarda como este centro de saúde non lle pedimos que os apoie, pero polo menos non tente torpedealos, porque estes proxectos son bos para toda a cidadanía.

    • Share:
    prensa

    Previous post

    Un obradoiro de videoactivismo leva a concienciación climática ao IES A Sangriña
    24 October, 2024

    Next post

    Ábrese o prazo para inscribirse na última andaina o sábado 2 de novembro
    25 October, 2024

    You may also like

    • A Guarda comeza a reparación dos tellados do castro de Santa Trega
      15 July, 2025
    • O campo de Fínola desbrozouse para facilitar o aparcamento
      15 July, 2025
    • Música para celebrar a Festa dos Avós na Guarda este domingo
      15 July, 2025

    Search

    Categories

    • General
    • Highways and works
    • Tourism
    • Uncategorized
    • Women

    Rebulindo

    • Móvete (Actividade física)
    • Lemos Xuntos?
    • Dalle ó Play
    • Coñece a vila!
    • A vida é xogo
    • Acion (Formación)
    Logo Concello de A Guarda

    (+34) 986 610 000

    (+34) 986 610 283

    alcaldia@aguarda.es

    MOBILE APP

    You can download the official app of the town hall of A Guarda for:

    A Guarda IOS application
    A Guarda Android application

    Council

    • Write to the Mayor
    • Schedules of Interest
    • Sede Electrónica

    Información

    • Associations and Groups
    • Phones of interest
    • Emergency Pharmacy

    Recommended

    • Events
    • News

    © A Guarda 2017 Todos os dereitos reservados

    • Legal notice
    • Cookies policy
    • Privacy Policy