Desbroces no entorno da Armona e do campo Multiusos do Codesal
Durante esta mañá os servizos municipais comezaron co desbroce no entorno da Armona e do campo Multiusos do Codesal. Para estes traballos estanse a empregar tanto maquinaria pesada como persoal a pé.
Trátase dun entorno clave para A Guarda, pois a Armona é zona de paso diario de moitos peregrinos do Camiño de Santiago, mais tamén se converte en verán nun dos puntos de desfrute de praia para os guardeses e guardesas.
Ademais, tamén se fixeron estes traballos no entorno e no propio campo Multiusos do Codesal, para que maiores e pequenos poidan desfrutar destas instalacións. O desbroce desta zona era prioritario xa que en menos de 10 días partirá desde aí mesmo o II Trail Camposancos ó Solpor.
En vindeiras xornadas, os traballos de desbroce continuarán por diversos puntos da vila, xa que a alternancia de días solleiros e de chuvia favoreceron ao crecemento rápido de herbas, fentos, etc.