Embelecendo a vila da Guarda con murais e pinturas
A partires deste venres, día 24 de maio, levarase a cabo un mural no interior do Conservatorio Municipal de Música da vila.
Esta iniciativa, que parte da Concellería de Xuventude, ven a continuar aos diferentes murais que xa se fixeron en diferentes espazos públicos da Guarda, como a praia de Fedorento, o Auditorio de San Bieito, as escaleiras do Campo de Fínola, a fonte de Santa Catalina, entre outros.
Dende o Concello da Guarda se fai un chamamento a todas aquelas persoas que desexen participar, realizando un convite público aos interesados, para contribuir ao embelecemento da nosa vila no pintado de espazos municipais.
Para esta ocasión, contarase coa axuda da ilustradora local Tamara Baz, unha das persoas que se interesaron neste chamamento e desenvolveu unha idea concreta de mural para realizar neste espazo municipal.
As persoas que desexen participar dende este venres no pintado deste novo mural no Conservatorio Municipal de Música e colaborar con Tamara Baz, poden poñerse en contacto coa OMIX da Guarda non 986 61 0000 ou a través do enderezo electrónico informacion@aguarda.es