Empeza a vacinación de traballadores municipais considerados colectivos de risco
Comezaron as vacinacións das traballadoras de Axuda no Fogar do concello da Guarda. Este colectivo está considerado o de máis risco despois dos traballadores sanitarios, sobre todo polo que pode afectar aos usuarios do servizo.
Os próximos colectivos en vacinarse serán a Policía Local e os membros dos GES (Grupo de Emerxencias Supramunicipais).
Tag:A Guarda, coronavirus, covid19, vacinación