Encontro do Concello da Guarda coa Conselleira de Política Social, Fabiola García
O pasado martes o alcalde da Guarda, Roberto Carrero, o tenente alcalde, Óscar Alonso e a concelleira de Política Social, Isabel Guisande, reuníronse coa Conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García.
Neste encontro avanzáronse sobre diversas cuestións no eido social, propostas e proxectos que beneficiarán a todos os guardeses e guardesas.
Ademais, explicáronse as necesidades dos veciños e veciñas para buscar a forma de resolver estas demandas.