(+34) 986 610 000
(+34) 986 610 283
alcaldia@aguarda.es
Praza do Reló 1, A Guarda, CP 36780
Login
No apps configured. Please contact your administrator.

Login with your site account

No apps configured. Please contact your administrator.
Lost your password?

  • Galician
  • English
Concello da GuardaConcello da Guarda
  • Search

    • Local Administration
      • Welcome of the Mayor
      • Local Administration
      • Reporting Committees
        • Special Account Commision
        • Plenary Affairs Commission
        • Urban Affairs Commission
      • Government Team
      • Municipal Corporation
      • Plenary Session Minutes
      • Minutes of Local Government Board
      • Flag and Local Coat of Arms
    • Regulatory Affairs
      • General Ordinances
      • Tax Ordinances
      • Regulations
      • Taxpayer’s Calendar
      • Payment Letters
    • Municipal services
      • CeMIT Room
      • Culture
      • Sport
      • Education
      • Nursery School
      • Heritage
      • Local Police
      • Social Services
      • Urbanism
      • Highways and Works
      • YOUTH (Municipal Youth Information Office- OMIX)
      • Municipal Market
    • MOT in A Guarda
    • Emergency Pharmacy
    • Spanish ID Card Renewal
    • Associations and Groups
    • Local Administration
      • Welcome of the Mayor
      • Local Administration
      • Reporting Committees
        • Special Account Commision
        • Plenary Affairs Commission
        • Urban Affairs Commission
      • Government Team
      • Municipal Corporation
      • Plenary Session Minutes
      • Minutes of Local Government Board
      • Flag and Local Coat of Arms
    • Regulatory Affairs
      • General Ordinances
      • Tax Ordinances
      • Regulations
      • Taxpayer’s Calendar
      • Payment Letters
    • Municipal services
      • CeMIT Room
      • Culture
      • Sport
      • Education
      • Nursery School
      • Heritage
      • Local Police
      • Social Services
      • Urbanism
      • Highways and Works
      • YOUTH (Municipal Youth Information Office- OMIX)
      • Municipal Market
    • MOT in A Guarda
    • Emergency Pharmacy
    • Spanish ID Card Renewal
    • Associations and Groups

    Cultura

    • Home
    • Cultura
    • O Entroido guardés culminou cun divertido desfile tras cinco días de foliada na Guarda

    O Entroido guardés culminou cun divertido desfile tras cinco días de foliada na Guarda

    • Posted by prensa
    • Categories Cultura
    • Date 20 February, 2018

    O Entroido guardés rematou o domingo 18 de febreiro coa celebración do tradicional desfile-concurso. Centos de persoas congregáronse ao longo das rúas entre a «esquina Famosa» e a Alameda para gozar da festa, na que participaron comparsas, carrozas e disfraces a nivel individual ou en grupo.

    O Entroido comezou o pasado xoves 15 de febreiro coa celebración do desfile dos colexios guardeses. O alumnado dos centros de educación infantil e primaria PP Somascos, Hermanas Carmelitas, As Solanas, Manuel Rodríguez Sinde, A Gándara e a Escola Infantil Municipal percorreron as rúas da Guarda amosando os disfraces elaborados manualmente para a ocasión. Os deseños destacaron pola súa orixinalidade, dende as temáticas celta ou tribal ata disfraces de choiva e lume, bombeiros, botes de salsas variadas e personaxes clásicos de cómics.

      A carpa situada na Alameda encheuse durante a noite do sábado co concerto de Rockin’ Gina & the Sentinels e DJ Guille, que mantiveron ao público bailando e gozando do mellor música rock e retro ata ben entrada a madrugada. Este foi, con todo, un dos grandes eventos musicais da programación deste Entroido, que continuou o domingo coa actuación da orquestra Abanico, tamén na Alameda. O chamado «domingo das familias» ofreceu á veciñanza e visitantes unha oportunidade de ocio para todos os públicos durante a tardiña e a noite.

      Concerto de Rockin’ Gina & the Sentinels

      Xa o luns, centos de cativos e cativas atoparon un espazo de diversión e xogos na festa infantil da Alameda. Alí, animáronse a participar no baile de disfraces e a decorar as súas caras no obradoiro de maquillaxe, ademais de esgotar as filloas das que dispoñía o carriño larpeiro, situado no paseo para goce das familias.

      A oferta gastronómica completouse co popular «Menú de Entroido», que atraeu a veciñas e veciños de toda a comarca para saborear o lacón con grelos e as sobremesas de Entroido en sete restaurantes guardeses. Os establecementos amosaron a súa satisfacción tras a boa acollida do menú, do que gozaron centos de persoas, especialmente en grandes grupos, nas comidas e ceas dos días 10, 11, 12 e 13 de febreiro.

      Desfile-Concurso de Entroido

      A culminación da festa chegou da man do tradicional desfile de Entroido. Inicialmente programado para o martes 13 de febreiro, o desfile celebrouse finalmente o domingo 18 de febreiro no seu percorrido habitual, isto é, dende a «esquina Famosa» ata a Alameda. O bo tempo acompañou os participantes e o numeroso público, que puideron gozar dunha xornada festiva caracterizada polo humor das compasas, as carrozas e os participantes individuais.

      A batucada Bate no Cobre e a charanga Os Charamujas contribuíron ao ambiente festivo coa súa música durante o desfile e, unha vez na Alameda, animaron a espera ata a entrega de premios. Os galardóns repartíronse da seguinte maneira:

      Na categoría individual infantil, logrou o primeiro premio «Centauro», seguido de «O corvo mensaxeiro do Rei» e «Vaiana e Te Fiti», en segundo e terceiro lugar, respectivamente. Na categoría individual xuvenil e adulto, o primeiro premio foi para «Os marabillosos heroes do Entroido», o segundo para «O acordeón», e o terceiro para «Te Fiti». O cuarto e quinto galardón recollérono as «Princesas de Bouzó» e «Cisne Branco», nesta orde.

      Na categoría de comparsas, o primeiro premio foi para «Os Rockeros», seguidos por «O México de Frida Kahlo» e «Tino Casal», en segundo e terceiro lugar, respectivamente. O cuarto premio foi para Os «Wally-fláuticos» e un quinto recoñecemento dirixiuse a «Fantasía Caribeña e Brasil». As carrozas «Spice Girls» e «Tu cara me suena» conseguiron o primeiro e segundo premio, nesa orde, coas súas divertidas creacións. Amais destes recoñecementos, todas as comparsas e carrozas participantes recibiron 200€ en concepto de axuda polo traballo e esforzo realizado para a elaboración dos disfraces e a decoración.

        Tag:Desfile, Entroido, Menú de Entroido

        • Share:
        prensa

        Previous post

        Padrón da taxa pola subministración de auga do 4º trimestre do exercicio 2017
        20 February, 2018

        Next post

        A 60ª Acampada Nacional da Federación Española de Clubs Campistas celebrarase na Guarda
        20 February, 2018

        You may also like

        • A Guarda pon en valor o patrimonio etnográfico e paisaxístico do Baixo Miño
          6 May, 2025
        • A escola de baile Attitude presenta este domingo o seu festival de primavera
          2 May, 2025
        • A Guarda pecha o ciclo de teatro aficionado con “Onde andará?”
          22 April, 2025

        Search

        Categories

        • General
        • Highways and works
        • Tourism
        • Uncategorized
        • Women

        Rebulindo

        • Móvete (Actividade física)
        • Lemos Xuntos?
        • Dalle ó Play
        • Coñece a vila!
        • A vida é xogo
        • Acion (Formación)
        Logo Concello de A Guarda

        (+34) 986 610 000

        (+34) 986 610 283

        alcaldia@aguarda.es

        MOBILE APP

        You can download the official app of the town hall of A Guarda for:

        A Guarda IOS application
        A Guarda Android application

        Council

        • Write to the Mayor
        • Schedules of Interest
        • Sede Electrónica

        Información

        • Associations and Groups
        • Phones of interest
        • Emergency Pharmacy

        Recommended

        • Events
        • News

        © A Guarda 2017 Todos os dereitos reservados

        • Legal notice
        • Cookies policy
        • Privacy Policy