(+34) 986 610 000
(+34) 986 610 283
alcaldia@aguarda.es
Praza do Reló 1, A Guarda, CP 36780
Login
No apps configured. Please contact your administrator.

Login with your site account

No apps configured. Please contact your administrator.
Lost your password?

  • Galician
  • English
Concello da GuardaConcello da Guarda
  • Search

    • Local Administration
      • Welcome of the Mayor
      • Local Administration
      • Reporting Committees
        • Special Account Commision
        • Plenary Affairs Commission
        • Urban Affairs Commission
      • Government Team
      • Municipal Corporation
      • Plenary Session Minutes
      • Minutes of Local Government Board
      • Flag and Local Coat of Arms
    • Regulatory Affairs
      • General Ordinances
      • Tax Ordinances
      • Regulations
      • Taxpayer’s Calendar
      • Payment Letters
    • Municipal services
      • CeMIT Room
      • Culture
      • Sport
      • Education
      • Nursery School
      • Heritage
      • Local Police
      • Social Services
      • Urbanism
      • Highways and Works
      • YOUTH (Municipal Youth Information Office- OMIX)
      • Municipal Market
    • MOT in A Guarda
    • Emergency Pharmacy
    • Spanish ID Card Renewal
    • Associations and Groups
    • Local Administration
      • Welcome of the Mayor
      • Local Administration
      • Reporting Committees
        • Special Account Commision
        • Plenary Affairs Commission
        • Urban Affairs Commission
      • Government Team
      • Municipal Corporation
      • Plenary Session Minutes
      • Minutes of Local Government Board
      • Flag and Local Coat of Arms
    • Regulatory Affairs
      • General Ordinances
      • Tax Ordinances
      • Regulations
      • Taxpayer’s Calendar
      • Payment Letters
    • Municipal services
      • CeMIT Room
      • Culture
      • Sport
      • Education
      • Nursery School
      • Heritage
      • Local Police
      • Social Services
      • Urbanism
      • Highways and Works
      • YOUTH (Municipal Youth Information Office- OMIX)
      • Municipal Market
    • MOT in A Guarda
    • Emergency Pharmacy
    • Spanish ID Card Renewal
    • Associations and Groups

    Cultura

    • Home
    • Cultura
    • O Entroido guardés traerá cinco días de festa, música e desfiles para toda a veciñanza

    O Entroido guardés traerá cinco días de festa, música e desfiles para toda a veciñanza

    • Posted by prensa
    • Categories Cultura
    • Date 29 January, 2018

    O Entroido comezará na Guarda a próxima semana e prolongarase durante 5 días cunha ampla programación de actividades e o tradicional desfile-concurso aberto á participación de todos os veciños e veciñas da vila.

    O inicio das festas será o vindeiro venres 9 de febreiro co «Entroido dos coles». Nel, o alumnado dos centros de educación infantil e primaria da Guarda amosarán os disfraces elaborados manualmente para a ocasión, cun desfile que partirá da Alameda ás 12 h e percorrerá a rúa Galicia ata a coñecida como «esquina do Galo».

    O 10 de febreiro será o «sábado de güateque» co concerto de Rockin’ Gina & the Sentinels na Alameda a partir das 23:30 h. Deseguido, a música retro tomará o paseo, coa actuación de DJ Guille ata ben entrada a madrugada. A música e o baile continuarán o 11 de febreiro co denominado «domingo das familias», no que contaremos coa actuación da orquestra Abanico na Alameda a partir das 18 h.

    As cativas e cativos serán os protagonistas o luns, na festa infantil na que poderán gozar dun obradoiro de maquillaxe, xogos xigantes, un baile de disfraces con concurso e un carriño larpeiro de filloas, todo amenizado por unha discoteca móbil na Alameda dende as 18 h.

    Martes de Entroido

    A gran festa dos disfraces chegará o Martes de Entroido, coa celebración do desfile-concurso no que poderán participar todos os veciños, veciñas e asociacións da vila. As bases contemplan ata cinco categorías diferentes de participación (carrozas, comparsas, grupos, individual-parellas tanto adulto coma infantil) na modalidade de concurso, cunha ampla variedade de premios.

    Nesta liña, as 10 primeiras comparsas e carrozas que se inscriban recibirán unha axuda de 200€ como compensación polo traballo e esforzo realizado. As comparsas e carrozas concursarán por un primeiro e segundo premio (dotados de 250€ e 150€, respectivamente) e nas demais categorías repartiranse ata 18 recoñecementos entre os 6 mellor valorados en cada grupo, cun orzamento total de 1.070€. As persoas interesadas en participar poderán ampliar a información nas bases dispoñibles neste enlace  e realizar as inscricións entre o 30 de xaneiro e o 6 de febreiro.

    O desfile partirá ás 17:30 h da coñecida como «esquina Famosa» na rúa San Bernardo, para despois percorrer as rúas Porto Rico e Galicia ata chegar á Alameda, onde se darán a coñecer os gañadores en cada categoría do concurso.

    Saborear o Entroido

    Como complemento ás festas, entre o sábado 10 e o martes 13 de febreiro ofertarase o popular «Menú de Entroido», cunha completa oferta de alimentos típicos dos que se poderá gozar en 7 restaurantes guardeses a un prezo único de 18€.

    Os restaurantes adheridos á iniciativa son: Arruaz, Camping Santa Tecla, La Pizzicata. Novo Funil, O Cangrexal, Xantar e Xeito. Recoméndase, con todo, reservar mesa previamente nos restaurantes para asegurar a dispoñibilidade do menú, do que poderán gozar todas aquelas persoas que gusten dos pratos típicos.

      Tag:2018, Desfile-Concurso, Disfraces, Entroido

      • Share:
      prensa

      Previous post

      O curso preparatorio para o graduado en ESO comeza con 30 persoas inscritas
      29 January, 2018

      Next post

      A OMIX impulsa un curso de monitor/a de tempo libre e un obradoiro de galletas para marzo
      30 January, 2018

      You may also like

      • O espectáculo ‘Enredada’ de Leti da Taberna pecha o ciclo Ven ao teatro da Guarda
        16 January, 2026
      • A Guarda prepara a súa primeira saída cultural para a obra “Memorias dun neno labrego”
        7 January, 2026
      • Os Reis Magos visitan A Guarda o próximo luns 5
        2 January, 2026

      Search

      Categories

      • General
      • Highways and works
      • Tourism
      • Uncategorized
      • Women

      Rebulindo

      • Móvete (Actividade física)
      • Lemos Xuntos?
      • Dalle ó Play
      • Coñece a vila!
      • A vida é xogo
      • Acion (Formación)
      Logo Concello de A Guarda

      (+34) 986 610 000

      (+34) 986 610 283

      alcaldia@aguarda.es

      MOBILE APP

      You can download the official app of the town hall of A Guarda for:

      A Guarda IOS application
      A Guarda Android application

      Council

      • Write to the Mayor
      • Schedules of Interest
      • Sede Electrónica

      Información

      • Associations and Groups
      • Phones of interest
      • Emergency Pharmacy

      Recommended

      • Events
      • News

      © A Guarda 2017 Todos os dereitos reservados

      • Legal notice
      • Política de cookies
      • Privacy Policy