A Escola Infantil Municipal abre o 1 de maio o prazo para solicitar a reserva de prazas do curso 2017/18
O Departamento de Servizos Sociais do Concello da Guarda informa que a Escola Infantil Municipal abre o próximo día 1 de maio o prazo de presentación de SOLICITUDES PARA A RESERVA DE PRAZAS para o curso 2017/2018. Os pais/nais ou titores dos nenos/as interesados deberán presentar as solicitudes nos seguintes prazos:
-
nenos/as matriculados e con praza no curso 20016/2017 na primeira quincena de maio
-
nenos/as de novo ingreso, presentarán a solicitude na segunda quincena de maio.
Para maior información dirixirse o Departamento de servizos sociais do concello da Guarda en horario de 9.00 a 13.00 h.