Este sábado, espectáculo de Maxia dentro da programación dirixida ao público familiar no Centro Cultural
• Sábado 13 de novembro ás 18:00h no Centro Cultural da Guarda, con inscrición previa.
Cando pensamos nun espectáculo de maxia, tedemos a imaxinar a un home no escenario, mais sempre existiron magas que tiveron que enfrentarse a unha realidade chea de estereotipos e prexuízos tanto por parte do público como de seus compañeiros ilusionistas.
A igualdade non ten truco é una charla espectáculo de maxia que busca promover a igualdade de xénero a través do ilusionismmo e das vivencias das mulleres ilusionistas.O espectáculo foi representado en numerosos centros de Educación primaria e secundaria de Galicia con moi boa acollida e agora chega ata o Centro Cultural da Guarda da man da parella de ilusionistas Sara Rodríguez y Carlos Tomico, como un espectáculo divertido e mágico para ser deleitado en famlia.
O evento terá lugar este sábado ás 18:00h. No Centro Cultural da Guarda e para asisitir é preciso reservar as entradas con anterioridade a través de eventbrite.es: https://www.eventbrite.es/e/entradas-maxia-en-familia-a-igualdade-non-ten-truco-200803858747?aff=ebdssbcitybrowse
Tag:A Guarda, cultura, outono, programación, Teatro