(+34) 986 610 000
(+34) 986 610 283
alcaldia@aguarda.es
Praza do Reló 1, A Guarda, CP 36780
Login
No apps configured. Please contact your administrator.

Login with your site account

No apps configured. Please contact your administrator.
Lost your password?

  • Galician
  • English
Concello da GuardaConcello da Guarda
  • Search

    • Local Administration
      • Welcome of the Mayor
      • Local Administration
      • Reporting Committees
        • Special Account Commision
        • Plenary Affairs Commission
        • Urban Affairs Commission
      • Government Team
      • Municipal Corporation
      • Plenary Session Minutes
      • Minutes of Local Government Board
      • Flag and Local Coat of Arms
    • Regulatory Affairs
      • General Ordinances
      • Tax Ordinances
      • Regulations
      • Taxpayer’s Calendar
      • Payment Letters
    • Municipal services
      • CeMIT Room
      • Culture
      • Sport
      • Education
      • Nursery School
      • Heritage
      • Local Police
      • Social Services
      • Urbanism
      • Highways and Works
      • YOUTH (Municipal Youth Information Office- OMIX)
      • Municipal Market
    • MOT in A Guarda
    • Emergency Pharmacy
    • Spanish ID Card Renewal
    • Associations and Groups
    • Local Administration
      • Welcome of the Mayor
      • Local Administration
      • Reporting Committees
        • Special Account Commision
        • Plenary Affairs Commission
        • Urban Affairs Commission
      • Government Team
      • Municipal Corporation
      • Plenary Session Minutes
      • Minutes of Local Government Board
      • Flag and Local Coat of Arms
    • Regulatory Affairs
      • General Ordinances
      • Tax Ordinances
      • Regulations
      • Taxpayer’s Calendar
      • Payment Letters
    • Municipal services
      • CeMIT Room
      • Culture
      • Sport
      • Education
      • Nursery School
      • Heritage
      • Local Police
      • Social Services
      • Urbanism
      • Highways and Works
      • YOUTH (Municipal Youth Information Office- OMIX)
      • Municipal Market
    • MOT in A Guarda
    • Emergency Pharmacy
    • Spanish ID Card Renewal
    • Associations and Groups

    Cultura

    • Home
    • Cultura
    • Este venres proxección do filme “A cicatriz branca” no Centro Cultural da Guarda

    Este venres proxección do filme “A cicatriz branca” no Centro Cultural da Guarda

    • Posted by prensa
    • Categories Cultura, Xerais
    • Date 8 November, 2018
    Venres 9 de novembro: proxección do filme ‘A cicatriz branca’ ás 20:30h no Centro Cultural

    A mostra GalizAmérica, que se atopa na sala de exposicións do Centro Cultural da Guarda ata o vindeiro sábado día 10 de novembro, compila materiais que dan conta do florecemento da cultura galega en América e compleméntase coa proxección do filme ‘A cicatriz branca’ de Margarita Ledo, que terá lugar este venres día 9 de novembro ás 20:30h no Cultural da Guarda.

    A mostra GalizAmérica, composta por 13 paneis, vai percorrendo diferentes fitos históricos do exilio e o espertar da conciencia galega a través dos intelectuais emigrados, fundamentalmente en cidades significativas como Bos Aires e Montevideo. Segundo explicou a comisaria Carmen Carreiro, está estruturada en tres grandes apartados. O primeiro relaciona o exilio coa súa causa inmediata, que é a represión. “Sempre se dixo que Galiza foi submisa co franquismo e iso non é certo, o exilio é unha consecuencia da represión e por tanto unha forma de loita” indicou a comisaria. A este apartado corresponden paneis que explican o por que do exilio como punto de partida da mostra, así como a travesía e a viaxe que implicaba, a través dos barcos e dos portos dos que partían, que xusto despois da guerra eran maioritariamente franceses, xa que as persoas exiliadas en moitas ocasións partían de campos de concentración do país veciño. O segundo apartado corresponde ao que Carmen Carreiro denominou “a xenerosidade de América” e céntrase no nacemento dos centros galegos máis importantes de América e a súa función como lugares de espertar e florecemento da conciencia galega. Sobre esta parte da exposición, a comisaria fixo unha reflexión relacionada cos tempos actuais indicando que “nun momento como o actual no que a sombra da xenofobia percorre Europa temos que ter presente a que nos podemos ver abocadas as persoas en situacións extremas, e é importante ter o corazón e a cabeza solidarios”. A terceira parte da mostra corresponde á relación do exilio interior co exilio exterior con especial incidencia “nos programas de radio, na publicación de manifestos e na edición de libros e revistas na diáspora e que serían impensables aquí”. Os paneis desta parte recollen fotografías de programas de radio, de xuntanzas e de portadas de libros impulsados pola alianza dos intelectuais exiliados, e procedentes de diferentes campos creativos, como foron Lugrís, Freire, Castelao, Seoane ou Colmeiro.

    Sobre o filme ‘A cicatriz branca’

    A propia Margarita Ledo explicaba que “é un filme de xénero, feminista pero que se grava integramente e por primeira vez na diáspora e en lingua galega”. O filme foi escollido precisamente para abordar a dimensión feminina e darlle voz ás mulleres da emigración. “Hai moito sobre a emigración contado en masculino pero moi poucas veces se lles dá voz ás mulleres, que en moitos casos emigraron soas, e que sufriron acoso sexual ou tiñan que emigrar vítimas de estigmas sociais como ser filla dun cura” asegurou Margarita Ledo. A cineasta tamén será a encargada da conferencia que complementará a mostra ao seu paso por Poio e que leva por título ‘Recuperar a fala, recuperar a alma” e na que utilizará como fío condutor o seu documentario ‘Apuntamentos para un filme’. Este documentario nacera como un traballo previo e de documentación para a posterior realización de ‘A cicatriz branca’ e recolle as conversas coas mulleres da diáspora que compartiron a súa experiencia coa cineasta e que a quixeron relatar para deixar constancia.

    Venres 9 de novembro: proxección do filme ‘A cicatriz branca’ ás 20:30h no Centro Cultural.

    Venres 9 de novembro: proxección do filme ‘A cicatriz branca’ ás 20:30h no Centro Cultural

    Tag:A Guarda, cultural, filme, galizamérica, proxección

    • Share:
    prensa

    Previous post

    A OMIX da Guarda oferta dúas novas actividades en novembro
    8 November, 2018

    Next post

    Gastronomía e Arte, protagonistas na Guarda dunha nova edición de “Petiscos con Arte”
    9 November, 2018

    You may also like

    • A unidade móbil de ADOS visita A Guarda o martes 28 de abril
      24 April, 2026
    • A unidade móbil de Inspección Técnica de Vehículos estará en maio na Guarda
      22 April, 2026
    • O coro Cantábile actuará no I Festival Sons de Salcidos
      22 April, 2026

    Search

    Categories

    • General
    • Highways and works
    • Tourism
    • Uncategorized
    • Women

    Rebulindo

    • Móvete (Actividade física)
    • Lemos Xuntos?
    • Dalle ó Play
    • Coñece a vila!
    • A vida é xogo
    • Acion (Formación)
    Logo Concello de A Guarda

    (+34) 986 610 000

    (+34) 986 610 283

    alcaldia@aguarda.es

    MOBILE APP

    You can download the official app of the town hall of A Guarda for:

    A Guarda IOS application
    A Guarda Android application

    Council

    • Write to the Mayor
    • Schedules of Interest
    • Sede Electrónica
    • Whistleblowing channel

    Información

    • Associations and Groups
    • Phones of interest
    • Emergency Pharmacy

    Recommended

    • Events
    • News

    © A Guarda 2017 Todos os dereitos reservados

    • Legal notice
    • Política de cookies
    • Privacy Policy