ESTE XOVES PRESÉNTASE NA CASA DOS ALONSOS UNHA NOVA EDICIÓN DE “TAPEARTE”
A cita é ás 12 horas.
Este xoves, día 4 de xuño, preséntase na Casa dos Alonsos unha nova edición de “Tapearte”. Esta ruta gastronómica se desenrolará dende o propio xoves 4 ata o domingo, día 14 de xuño, coincidindo en datas coa festa do Santísimo e as alfombras florais e coa celebración de San Antonio.
Na presentación, que é ás 12 horas e na que estarán presentes moitos dos representantes dos dezanove restaurantes, bocaterías ou xamonerías participantes na ruta, se mostrarán parte das tapas que se poderán probar nos diferentes establecementos.
Como en edicións pasadas espérase que sexan moitos, tanto veciños e veciñas da Guarda, coma visitantes, os que proben as diferentes elaboracións.