Escrita e dirixida por Cándido Pazó, a obra concíbese como unha homenaxe ao controvertido escritor no centésimo aniversario da súa morte. Pondal foi, xunto con Rosalía de Castro e Manuel Curros Enríquez, «un dos tres pés poéticos do Rexurdimento Galego», destacan dende a produtora.
As entradas para acceder ao espectáculo poderán recollerse de balde dende o mañá, 5 de maio, no Centro Cultural no seu horario de habitual de apertura (de 10 a 13 h de luns a venres e de 10 a 13 h os sábados). «Fillos do sol» forma parte da programación da Concellería de Cultura con motivo da celebración do Día das Letras Galegas.