(+34) 986 610 000
(+34) 986 610 283
alcaldia@aguarda.es
Praza do Reló 1, A Guarda, CP 36780
Login
No apps configured. Please contact your administrator.

Login with your site account

No apps configured. Please contact your administrator.
Lost your password?

  • Galician
  • English
Concello da GuardaConcello da Guarda
  • Search

    • Local Administration
      • Welcome of the Mayor
      • Local Administration
      • Reporting Committees
        • Special Account Commision
        • Plenary Affairs Commission
        • Urban Affairs Commission
      • Government Team
      • Municipal Corporation
      • Plenary Session Minutes
      • Minutes of Local Government Board
      • Flag and Local Coat of Arms
    • Regulatory Affairs
      • General Ordinances
      • Tax Ordinances
      • Regulations
      • Taxpayer’s Calendar
      • Payment Letters
    • Municipal services
      • CeMIT Room
      • Culture
      • Sport
      • Education
      • Nursery School
      • Heritage
      • Local Police
      • Social Services
      • Urbanism
      • Highways and Works
      • YOUTH (Municipal Youth Information Office- OMIX)
      • Municipal Market
    • MOT in A Guarda
    • Emergency Pharmacy
    • Spanish ID Card Renewal
    • Associations and Groups
    • Local Administration
      • Welcome of the Mayor
      • Local Administration
      • Reporting Committees
        • Special Account Commision
        • Plenary Affairs Commission
        • Urban Affairs Commission
      • Government Team
      • Municipal Corporation
      • Plenary Session Minutes
      • Minutes of Local Government Board
      • Flag and Local Coat of Arms
    • Regulatory Affairs
      • General Ordinances
      • Tax Ordinances
      • Regulations
      • Taxpayer’s Calendar
      • Payment Letters
    • Municipal services
      • CeMIT Room
      • Culture
      • Sport
      • Education
      • Nursery School
      • Heritage
      • Local Police
      • Social Services
      • Urbanism
      • Highways and Works
      • YOUTH (Municipal Youth Information Office- OMIX)
      • Municipal Market
    • MOT in A Guarda
    • Emergency Pharmacy
    • Spanish ID Card Renewal
    • Associations and Groups

    Turismo

    • Home
    • Turismo
    • A Guarda dedica unha fin de semana gastronómica á exaltación da lamprea

    A Guarda dedica unha fin de semana gastronómica á exaltación da lamprea

    • Posted by prensa
    • Categories Turismo
    • Date 5 April, 2018
    Fin de semana gastronómica "Lamprea do Miño"

    Os días 14 e 15 de abril, máis dunha decena de restaurantes prepararán lamprea do Miño á bordelesa para a súa degustación.

    O Concello da Guarda, en colaboración con viveiristas e establecementos hostaleiros da vila, organiza a fin de semana gastronómica «Lamprea do Miño». Esta nova iniciativa celebrarase os días 14 e 15 de abril en máis dunha decena de bares e restaurantes, co obxectivo de potenciar A Guarda como destino gastronómico da lamprea.

    Durante estas xornadas, as veciñas e veciños da nosa vila e a súa contorna poderán degustar a lamprea na súa preparación máis tradicional: á bordalesa. O prato ofertarase a un prezo único por ración de 18€, namentres a lamprea enteira terá un prezo de 50€.

    Os restaurantes adheridos a esta campaña son: Area Grande, Arruaz, Brétema, Camping Santa Tecla, Bar Casa Aquilino, La Pìzzicata, Marbella, Marusía, O Cangrexal, Os Remos e O Roxo. Dada a larga elaboración que precisa este manxar, aconséllase reservar o prato previamente nos restaurantes.

    Fin de semana gastronómica «Lamprea do Miño»

    Tras catro anos consecutivos celebrando a «Ruta do pincho da lamprea do Miño», organizada por viveiristas, pescadores, bares e restaurantes locais en colaboración co Concello, esta nova iniciativa gastronómica nace da vontade conxunta de impulsar a gastronomía local e a súa riqueza. Nesta ocasión,  céntranse os esforzos na exaltación dun dos manxares máis descoñecidos do noso río, indo máis aló dos pequenos petiscos. Así, nestas novas xornadas gastronómicas convídase á familias e grupos de amigos a visitar o noso pobo e degustar unha preparación da lamprea óptima para o xantar ou a cea da fin de semana.

    Xornadas didácticas

    Dentro desta mesma campaña, o alumnado de 6º de primaria dos centros de ensino da Guarda participarán nas xornadas didácticas «Coñecedes a lamprea?», unha iniciativa que xa se realizou o pasado ano como complemento á «Ruta do pincho». Dada a boa acollida da proposta, os cativos e cativas repetirán a experiencia, na que poderán achegarse ás técnicas de pesca da lamprea no río Miño, agora en temporada.

    Esta xornada componse de dúas partes: unha primeira actividade didáctica que se realizará na Casa dos Alonso, onde as nenas e nenos poderán coñecer máis polo miúdo a lamprea a partir dunha reportaxe audiovisual sobre a pesca desta na desembocadura do Miño. Contarán, ademais, co testemuño de pescadores, que explicarán a súa profesión aos cativos e cativas mediante os aparellos de pesca que empregan e anécdotas do oficio.

    Deseguido, o alumnado poderá elaborar na aula uns debuxos coa temática «Desembocadura do Miño e a lamprea». Os traballos exporanse nos restaurantes e cafetarías adheridas á campaña durante a fin de semana de degustación gastronómica.

     

    Tag:Abril, gastronomía, lamprea, Lamprea á bordalesa, Restaurantes, río Miño

    • Share:
    prensa

    Previous post

    A Guarda estrea parque de calistenia e melloras no seu equipamento deportivo
    5 April, 2018

    Next post

    Horario semanal do transbordador A Guarda – Caminha do martes 10 ao domingo 15 de abril
    9 April, 2018

    You may also like

    • As bandeiras azuis xa ondean nas praias do Muíño e da Area Grande
      3 July, 2025
    • Menos de 48h para dar comezo á XXXIII Festa da Langosta
      2 July, 2025
    • A Guarda presentou a súa XXXIII Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira en Marín
      26 June, 2025

    Search

    Categories

    • General
    • Highways and works
    • Tourism
    • Uncategorized
    • Women

    Rebulindo

    • Móvete (Actividade física)
    • Lemos Xuntos?
    • Dalle ó Play
    • Coñece a vila!
    • A vida é xogo
    • Acion (Formación)
    Logo Concello de A Guarda

    (+34) 986 610 000

    (+34) 986 610 283

    alcaldia@aguarda.es

    MOBILE APP

    You can download the official app of the town hall of A Guarda for:

    A Guarda IOS application
    A Guarda Android application

    Council

    • Write to the Mayor
    • Schedules of Interest
    • Sede Electrónica

    Información

    • Associations and Groups
    • Phones of interest
    • Emergency Pharmacy

    Recommended

    • Events
    • News

    © A Guarda 2017 Todos os dereitos reservados

    • Legal notice
    • Cookies policy
    • Privacy Policy