Exposición das listas de candidatos a xurado do municipio da Guarda
As listas de candidatos a xurado do municipio poderán ser consultadas na Secretaría do Concello do 14 ao 22 de setemrbo, en horaro de 8.00 a 14.00 horas de luns a venres.
De acordo co establecido na “Lei Orgánica do Tribunal do Xurado”, as listas de candidatos a xurado deste municipio permaneceran expostas o público, na Secretaría do concello entre os días 14 e 22 de setembro, (ambos inclusive), para a súa consulta polos interesados.
O horario de consulta será entre as 8.00 horas e as 14.00 horas, de luns a venres, consulta que deberá facerse de xeito individual, previa identificación da persoa (mediante D.N.I., pasaporte ou permiso de conducir).
A Guarda, 14 de setembro de 2016.
O Alcalde,
Antonio Lomba Baz