Exposición pública das listas do Censo Electoral na Guarda
O Concello da Guarda informa que entre os días 11 e 18 de marzo, ambos inclusive, poderán consultarse na oficina do Padrón Municipal as listas do Censo Electoral que se utilizaran nas Eleccións Xerais do vindeiro 28 de abril.
O horario de consulta será entre as 9.00 horas e as 14.00 horas, de luns a venres e a consulta deberá facerse de xeito individual, previa identificación da persoa (mediante D.N.I., pasaporte ou permiso de conducir).
É conveniente que aquelas persoas que houberan cambiado de domicilio, ou que cumpriran 18 anos recentemente comproben a súa correcta inscrición no censo.