(+34) 986 610 000
(+34) 986 610 283
alcaldia@aguarda.es
Praza do Reló 1, A Guarda, CP 36780
Login
No apps configured. Please contact your administrator.

Login with your site account

No apps configured. Please contact your administrator.
Lost your password?

  • Galician
  • English
Concello da GuardaConcello da Guarda
  • Search

    • Local Administration
      • Welcome of the Mayor
      • Local Administration
      • Reporting Committees
        • Special Account Commision
        • Plenary Affairs Commission
        • Urban Affairs Commission
      • Government Team
      • Municipal Corporation
      • Plenary Session Minutes
      • Minutes of Local Government Board
      • Flag and Local Coat of Arms
    • Regulatory Affairs
      • General Ordinances
      • Tax Ordinances
      • Regulations
      • Taxpayer’s Calendar
      • Payment Letters
    • Municipal services
      • CeMIT Room
      • Culture
      • Sport
      • Education
      • Nursery School
      • Heritage
      • Local Police
      • Social Services
      • Urbanism
      • Highways and Works
      • YOUTH (Municipal Youth Information Office- OMIX)
      • Municipal Market
    • MOT in A Guarda
    • Emergency Pharmacy
    • Spanish ID Card Renewal
    • Associations and Groups
    • Local Administration
      • Welcome of the Mayor
      • Local Administration
      • Reporting Committees
        • Special Account Commision
        • Plenary Affairs Commission
        • Urban Affairs Commission
      • Government Team
      • Municipal Corporation
      • Plenary Session Minutes
      • Minutes of Local Government Board
      • Flag and Local Coat of Arms
    • Regulatory Affairs
      • General Ordinances
      • Tax Ordinances
      • Regulations
      • Taxpayer’s Calendar
      • Payment Letters
    • Municipal services
      • CeMIT Room
      • Culture
      • Sport
      • Education
      • Nursery School
      • Heritage
      • Local Police
      • Social Services
      • Urbanism
      • Highways and Works
      • YOUTH (Municipal Youth Information Office- OMIX)
      • Municipal Market
    • MOT in A Guarda
    • Emergency Pharmacy
    • Spanish ID Card Renewal
    • Associations and Groups

    Cultura

    • Home
    • Cultura
    • Exposicións, gastronomía, deporte, música e conmemoracións do Día contra a Violencia de Xénero nesta fin de semana na Guarda

    Exposicións, gastronomía, deporte, música e conmemoracións do Día contra a Violencia de Xénero nesta fin de semana na Guarda

    • Posted by prensa
    • Categories Cultura, Deporte, Muller, Xerais
    • Date 22 November, 2018
    A Guarda contará unha vez máis con multitude de propostas para todas as idades nunha fin de semana na que as exposicións, a gastronomía, a arte, o deporte, a música, as charlas e as conmemoracións do Día contra a Violencia de Xénero, marcarán as principais actividades programadas.

    A Guarda contará unha vez máis con multitude de propostas para todas as idades nunha fin de semana na que as exposicións, a gastronomía, a arte, o deporte, a música, as charlas e as conmemoracións do Día contra a Violencia de Xénero, marcarán as principais actividades programadas.

    Venres 23 de novembro

    Na xornada do venres día 23 de novembro terá lugar un Obradoiro para crear e personalizar a túa propia axenda do ano 2019, unha actividade que combina a creatividade, o lúdico e tamén as técnicas de “DIY” faino tí mesmo/a. A actividade terá lugar en horario de 19:00h as 21:30h na Casa dos Alonso, as prazas están xa cubertas.

    Á 19:30h a Sala de Exposicións do Centro Cultural da Guarda acollerá a inauguración da Exposición de Pintura “Músicas da Terra” do artista pontevedrés Álvaro Novegil “Alvarellos”. Esta exposición recolle unha obra plástica de Alvaro Novegil, un artista de formación autodidacta que se inspirou nos pintores galegos expresionistas -contemporáneos e do século pasado-.

    Un ano máis chegan as barferencias ós nosos bares. Nesta nova edición volven a primar os temas históricos e arqueolóxicos, que tanto interese espertan sempre entre a nosa poboación, destacando as charlas que nos achegan os resultados das últimas intervencións arqueolóxicas nas salinas do Seixal e no Monte Santa Trega. O ciclo de charlas iniciarase este venres cunha charla adicada á igualdade de xénero, que terá lugar e será impartida por Montse Fajardo, periodista especializada en temas de igualdade e memoria histórica, que nos falará nesta ocasión do seu libro Invisibles. Será no Bar Benedictus ás 20:30h.

    Tamén na xornada deste venres continúa a Ruta “Petiscos con Arte”, un evento que conxuga a gastronomía e a arte para ofertar aos participantes unha experiencia para os sentidos.
    A Ruta “Petiscos con Arte”, que finaliza esta fin de semana, estará aberta en horario de mañá de 12:00h a 14:00h e tarde 19:00h a 21:30h.
    Os 12 establecementos participantes nesta edición ofertarán un petisco ao prezo de 1,50€, elaboracións gastronómicas para todos os gustos con potaxes, “montaditos”, tostas, sushi, entre outros.

    Sábado 24 de novembro

    O sábado día 24 de novembro terá lugar ás 12:00h do mediodía un pleno de carácter extraordinario cun punto único na orde do día, o Ditame de nomeamento de don Xosé Carlos Gómez Alfaro como fillo adoptivo a título póstumo do Concello da Guarda.

    A Biblioteca Pública Municipal da Guarda acolle unha nova sesión de “Contos Contados” adicada á Ciencia, nesta sesión, que terá inicio ás 11:30h da mañá contarase con ciencia en movemento grazas a un obradoiro de “Taller kids” co obxectivo de achegar os experimentos científicos aos máis cativos e cativas. Deste xeito estarán acompañados pola súa mascota para facerse fotografías.

    Ás 22:30h a Praza do Reló será o escenario do concerto de presentación do último traballo discográfico do grupo local «The Pretty Shirts» titulado «A Few Seconds». Este concerto conta co apoio da Concellería de Cultura do Concello da Guarda. En caso de choiva celebrarase nos baixos do Concello.

    Ás 20:30h a Igrexa Parroquial da Guarda acolle o Concerto Santa Cecilia da Banda de Música da Agrupación Musical da Guarda, que contará tamén coas actuacións do Coro Cantábile e o Coro Arpegios.

    Este sábado será a xornada final da Ruta “Petiscos con Arte”, un evento que conxuga a gastronomía e a arte para ofertar aos participantes unha experiencia para os sentidos.

    A Ruta “Petiscos con Arte” estará aberta en horario de mañá de 12:00h a 14:00h e tarde 19:00h a 21:30h.
    Os 12 establecementos participantes nesta edición ofertarán un petisco ao prezo de 1,50€, elaboracións gastronómicas para todos os gustos con potaxes, “montaditos”, tostas, sushi, entre outros.

    Domingo 25 de novembro

    A Guarda acolle este domingo día 25 de novembro a quinta edición do evento deportivo «Trail do Trega», que este ano contará con dúas modalidades de competición, a proba «Mergelina 10k» e «Castros Celtas 18k», cun desnivel acumulado de cada unha delas de 650 e 1100 metros respectivamente, ademáis dunha andaina.

    A liña de meta e chegada terá lugar na Alameda da Guarda, sendo a saída da Andaina ás 9:30h, do Trial «Castros Celtas 18k» ás 10:00h e do«Mergelina 10k» ás 10:30h.

    O Concello da Guarda, a través da Concellería de Igualdade e do Centro de Información á Muller (CIM), organiza varias actividades para conmemorar o Día Internacional contra a violencia de Xénero, que se conmemora cada ano o 25 de novembro.

    O propio día 25 de novembro e para commemorar o Día Internacional Contra a Violencia de xénero ás 12:00 h na Casa dos Alonso, contarase coa actuación musical de Xardín Desordenado e convidase a toda a cidadanía a tinguir a Praza do Reló de negro, en sinal de rexeitamento de todo tipo de agresións e violencia machista, apoiando ás vítimas e transmitindo as xeracións futuras o respecto á igualdade de mulleres e homes para defender unha sociedade xusta e paritaria. Para iso poden acudir con roupa, sombreiros, chuvasqueiros, paraugas…de cor negra.

    O barrio da Cruzada da Guarda acolle este domingo a Romaría de Santa Catalina, que comezará ás 11:30h coa Misa na Capela de San Cayetano, cunha procesión ata a Fonte de Santa Catalina acompañada do Grupo de Gaitas e Baile Xamaraina.

    Tag:A Guarda, cultura, Deporte, Exposicións, fin de semana, muller!

    • Share:
    prensa

    Previous post

    Este venres inaugúrase na Guarda a Exposición de Pinturas «Músicas da Terra»
    22 November, 2018

    Next post

    Máis de 1200 petiscos servidos confirman o éxito da Ruta “Petiscos con Arte” na Guarda
    22 November, 2018

    You may also like

    • Este domingo dispútase o III Trofeo Ciclista Aser Estévez na Gándara
      16 April, 2026
    • O Monte Trega decidirá este sábado o gañador do Gran Camiño
      15 April, 2026
    • A escola Attitude presenta este domingo o seu festival de primavera
      13 April, 2026

    Search

    Categories

    • General
    • Highways and works
    • Tourism
    • Uncategorized
    • Women

    Rebulindo

    • Móvete (Actividade física)
    • Lemos Xuntos?
    • Dalle ó Play
    • Coñece a vila!
    • A vida é xogo
    • Acion (Formación)
    Logo Concello de A Guarda

    (+34) 986 610 000

    (+34) 986 610 283

    alcaldia@aguarda.es

    MOBILE APP

    You can download the official app of the town hall of A Guarda for:

    A Guarda IOS application
    A Guarda Android application

    Council

    • Write to the Mayor
    • Schedules of Interest
    • Sede Electrónica
    • Whistleblowing channel

    Información

    • Associations and Groups
    • Phones of interest
    • Emergency Pharmacy

    Recommended

    • Events
    • News

    © A Guarda 2017 Todos os dereitos reservados

    • Legal notice
    • Política de cookies
    • Privacy Policy