Festivos locais para o ano 2022 na Guarda
• Acordáronse coma festivos locais o 16 de xullo(Festividade da Virxe do Carme) e o 23 de setembro(Festividade de Sta. Trega).
Na sesión plenaria ordinaria do pasado venres día 1 de outubro de 2021 foron aprobados os Festivos Locais para o ano 2022.
Tendo en conta a necesidade de remitir á Consellería de Traballo e de Benestar Social o acordo plenario de determinación de festivos locais, acordouse manter as datas do 16 de xullo(Festividade da Virxe do Carme) e 23 de setembro(Festividade de Sta. Trega).
A proposta prosperou cos votos a favor do GMS, PP e CG e coa abstención do BNG.
Tag:2022, A Guarda, festivos locais