Fin da tempada nas escolas deportivas da Guarda
Este mes de maio, concluíron as actividades da tempada 2015/2016 levadas a cabo nas escolas deportivas e as actividades deportivas para adultos organizadas polo concello da Guarda.
Este mes de maio, concluíron as actividades da tempada 2015/2016 levadas a cabo nas escolas deportivas e as actividades deportivas para adultos organizadas polo concello da Guarda.
Nestas actividades participaron tanto nenos e nenas en idade escolar como adultos. Os case 50 nenos e nenas que acudiron esta tempada ás escolas deportivas da Guarda puideron asistir ás modalidades de pádel, baloncesto e patinaxe artístico. En baloncesto, na categorías de benxamíns, quedaron en primeira posición como segundo ano consecutivo. En alevíns acadaron o segundo posto, mellorando a posición do ano pasado, no que quedaran sextos.
Por outra banda, nas modalidades ofertadas para os adultos, foron preto de 70 as persoas que acudiron a actividades tan variadas como aerobic, pilates ou zhumbale. Tanto as actividades dirixidas aos máis pequenos como as de adulto tiveron unha gran acollida, facendo desta unha máis que satisfactoria tempada deportiva.
Dende o Concello da Guarda agradécese a todos os que fixeron posible levar a cabo estas actividades e convida a quen o desexe a participar na vindeira tempada 2016/2017.