FIN DO CAMPAMENTO URBANO 2015
O Campamento Urbano organizado polo Concello da Guarda finalizou o venres pasado cunha gran festa na que desfrutaron tanto os rapaces e as rapazas, coma as súas monitoras.
Durante todo o mes de xullo, corenta rapaces e rapazas participaron nas diferentes actividades programadas por este campamento.
A pesar de que a meirande parte dos obradoiros e xogos os realizaron no espazo do antigo colexio Sinde da localidade, os nenos e nenas visitaron diferentes puntos do municipio xunto cos seus monitores. Así, fixeron visitas, por exemplo, ó Montiño ou ó Museo do Mar, onde puideron observar o novo acuario e sorprenderse coa cantidade de cunchas e especies diferentes que alberga.
Este tipo de campamentos urbanos organizados polo Concello están programados para que os pais e nais poidan conciliar a vida laboral e a familiar nos meses de vacacións dos seus fillos.
Un ano máis esta actividade foi un éxito polo que espera repetirse en anos posteriores.