Fin do período voluntario de pagamento dos recibos da contribución urbana e rústica 2018
Dende a Oficina de Xestión Tributaria do Concello da Guarda se informa de que o vindeiro 7 de setembro finaliza o período voluntario de pagamento dos recibos correspondentes ao Imposto sobre Bens Inmobles Urbanos exercicio 2.018 (CONTRIBUCIÓN URBANA) e ao Imposto sobre Bens Inmobles Rústicos exercicio 2.018 (CONTRIBUCIÓN RÚSTICA).
No caso de que algún contribuínte non recibira a carta de pagamento pode solicitar un duplicado da misma dirixíndose á Oficina de Xestión Tributaria (R/ Jose M. Andreini 6 Bajo – Tfno: 986 60 90 67) ou a través da páxina web do Concello de A Guarda (NORMATIVA MUNICIPAL > Cartas de pagamento), xa que ó tratarse de débedas de carácter periódico e notificación colectiva a non recepción no domicilio da mesma non exime da obriga de pago nin da vía executiva.
Infórmase, ademais, que a partir de dita data as débedas serán esixidas polo procedemento de prema e devengarán os recargos, xuros de demora, e demais conceptos esixibles.
Tag:A Guarda, contribución, IBI, impostos