Final dun Nadal cheo de actividades infantís na Guarda
A programación de Nadal da Guarda rematou tras celebrar moitas actividades especiais para os nenos e nenas. Co ‘Nadal en prácticas’ os máis pequenos axudaron á elfa Nolitas a converterse nunha elfa de Nadal.
Pakolas e Laura Romero ofreceron un concerto com debuxos en directo cun público moi entregado e participativo.
Os ‘Polis Locos’ patrullaron as rúas dun xeito moi particular durante a tarde do luns 30 de decembro. Comezamos o ano con ‘Asacocirco show’ un espectáculo de circo e humor para toda a familia.
E rematamos con maxia a programación de Nadal. Na mañá do sábado 4 de xaneiro, algúns rapaces e rapazas aprenderon trucos co mago Samuel Moreno. Esa tarde, na Gala de maxia, grandes e pequenos participaron nos trucos de Samuel Moreno, Roberto Lolo e Sara Rodríguez.