Gran recollida de plásticos este domingo na costa da Guarda
O vindeiro domingo día 21 de xullo a Agrupación Guardesa de Pescadores, Mariñeiros e Mariscadores non profesionais “O Buxeiro” organiza unha gran recollida de plásticos na costa da Guarda.
Esta actividade, que contará coa colaboración da Concellería de Medio Ambiente do Concello da Guarda, realizarase por diferentes puntos da costa guardesa, tentando eliminar aqueles restos de plásticos que se atopen pola costa.
O punto de reunión será a Alameda da Guarda ás 8:00h da mañá, onde se repartirán guantes e bolsas e se explicará como será o funcionamento desta actividade, para a que non é preciso inscrición previa.
Tag:A Guarda, Medio ambiente