(+34) 986 610 000
(+34) 986 610 283
alcaldia@aguarda.es
Praza do Reló 1, A Guarda, CP 36780
Login
No apps configured. Please contact your administrator.

Login with your site account

No apps configured. Please contact your administrator.
Lost your password?

  • Galician
  • English
Concello da GuardaConcello da Guarda
  • Search

    • Local Administration
      • Welcome of the Mayor
      • Local Administration
      • Reporting Committees
        • Special Account Commision
        • Plenary Affairs Commission
        • Urban Affairs Commission
      • Government Team
      • Municipal Corporation
      • Plenary Session Minutes
      • Minutes of Local Government Board
      • Flag and Local Coat of Arms
    • Regulatory Affairs
      • General Ordinances
      • Tax Ordinances
      • Regulations
      • Taxpayer’s Calendar
      • Payment Letters
    • Municipal services
      • CeMIT Room
      • Culture
      • Sport
      • Education
      • Nursery School
      • Heritage
      • Local Police
      • Social Services
      • Urbanism
      • Highways and Works
      • YOUTH (Municipal Youth Information Office- OMIX)
      • Municipal Market
    • MOT in A Guarda
    • Emergency Pharmacy
    • Spanish ID Card Renewal
    • Associations and Groups
    • Local Administration
      • Welcome of the Mayor
      • Local Administration
      • Reporting Committees
        • Special Account Commision
        • Plenary Affairs Commission
        • Urban Affairs Commission
      • Government Team
      • Municipal Corporation
      • Plenary Session Minutes
      • Minutes of Local Government Board
      • Flag and Local Coat of Arms
    • Regulatory Affairs
      • General Ordinances
      • Tax Ordinances
      • Regulations
      • Taxpayer’s Calendar
      • Payment Letters
    • Municipal services
      • CeMIT Room
      • Culture
      • Sport
      • Education
      • Nursery School
      • Heritage
      • Local Police
      • Social Services
      • Urbanism
      • Highways and Works
      • YOUTH (Municipal Youth Information Office- OMIX)
      • Municipal Market
    • MOT in A Guarda
    • Emergency Pharmacy
    • Spanish ID Card Renewal
    • Associations and Groups

    Cultura

    • Home
    • Cultura
    • A Guarda e a Póvoa de Varzim renovan ós seus lazos históricos coa visita da lancha “Fé em Deus”

    A Guarda e a Póvoa de Varzim renovan ós seus lazos históricos coa visita da lancha “Fé em Deus”

    • Posted by prensa
    • Categories Cultura, Patrimonio
    • Date 18 July, 2017

    A lancha poveira “Fé em Deus” entrou no porto guardés pasado o mediodía, tras máis de cinco horas de viaxe dende o porto da Póvoa de Varzim. Cunha tripulación formada por 12 voluntarios, a travesía conmemorou o 25 aniversario da primeira viaxe desta embarcación, réplica da lancha orixinal, que comezou a navegar en 1991 e cuxo primeiro destino foi a vila da Guarda. O encontro propiciou un acordo entre os representantes locais poveiros e o rexedor guardés co fin de estreitar os lazos turístico-culturais entre os pobos, principalmente, a través da promoción das súas festas.

    O alcalde do Concello da Guarda, Antonio Lomba, e a concelleira de Turismo, Montserrat Magallanes, recibiron o pasado sábado 15 de xullo no porto guardés á tripulación da lancha poveira “Fé em Deus”, nun encontro conmemorativo do 25 aniversario da primeira viaxe realiza pola embarcación. A Guarda foi, en outubro de 1991, o seu primeiro destino no estranxeiro “por forza simbólica”, segundo explicou o responsable e coordinador do proxecto, Manuel Costa. E é que a lancha poveira que entón chegou á Guarda non era senón unha réplica da embarcación pesqueira orixinal, un dos últimos exemplares tipicamente poveiros en saír ó mar, xa ven entrados os anos 50 do pasado século, e que coincide nos seus rasgos xerais coas lanchas volanteiras que se usaron na costa guardesa ata principios do século XX.

    “Esta lancha ten un vínculo moi estreito coa Guarda”, afirmou o tripulante e xornalista local da Póvoa de Varzim, José Peixoto. Xa no século XIX, cando o vento non lles era favorable, os mariñeiros deixábanse guiar e viñan parar á Guarda. Por entón, o lancha poveira non contaba con máis forza que a do vento e a da propia tripulación valéndose dos remos. Unha vez na vila, “tiñan por costume subir ó Monte Santa Trega e virar unha das tellas da ermida, pedindo ó vento do norte para poder tornar á Póvoa”, conta o cronista. Dan conta da veracidade do seu relato as marcas poveiras -que identificaban á embarcación de cada familia- gravadas na estela que, xunto á ermida de Santa Trega, rende homenaxe á Póvoa de Varzim.

    Na actualidade, “Fé em Deus” participa nos encontros de embarcacións tradicionais que se celebran regularmente por toda a costa lusa e galega, e en actividades orientadas ó coñecemento do patrimonio marítimo e da súa historia.

    Un vínculo máis estreito entre os pobos

    Amais do simbolismo da viaxe, este serviu de pretexto para acadar un acordo entre os representantes de ámbalas dúas vilas, comprometidas a estreitar os seus lazos turístico-culturais. “Os nosos pobos son moi parecidos, falamos unha lingua similar e pensamos que esta é unha boa oportunidade para levar a cabo un intercambio cultural”, expresou o vicealcalde e concelleiro de Cultura de Póvoa de Varzim, Luis Diamantino.

    Este intercambio radicará na promoción mutua das festas e eventos de interese turístico e cultural a ambos lados da fronteira, a fin de establecer non so un camiño marítimo, senón tamén unha conexión por terra que sirva para o mutuo coñecemento dos pobos guardés e poveiro.

    O representante local da Póvoa aproveitou para convidar a Antonio Lomba á próxima festa de San Pedro, unha das celebracións máis importantes da vila portuguesa que ten lugar no mes de xuño, na que se presentará unha exposición dedicada ó patrimonio histórico-cultural da Guarda presente na Póvoa de Varzim.

    Tag:cultura, Fé em Deus, Lancha poveira

    • Share:
    prensa

    Previous post

    Gas Natural Fenosa avisa de cortes de electricidade no barrio da Gándara durante este domingo
    18 July, 2017

    Next post

    As alumnas e alumnos cos mellores expedientes da Guarda reciben o seu Premio de Educación 2017
    18 July, 2017

    You may also like

    • A Guarda acolle unha obra musical infantil este sábado
      11 November, 2025
    • A Casa dos Alonso acolle unha nova exposición de pintura do grupo Grisalla
      5 November, 2025
    • A Guarda continúa coa programación de teatro co monólogo “Hechos furiosos”
      4 November, 2025

    Search

    Categories

    • General
    • Highways and works
    • Tourism
    • Uncategorized
    • Women

    Rebulindo

    • Móvete (Actividade física)
    • Lemos Xuntos?
    • Dalle ó Play
    • Coñece a vila!
    • A vida é xogo
    • Acion (Formación)
    Logo Concello de A Guarda

    (+34) 986 610 000

    (+34) 986 610 283

    alcaldia@aguarda.es

    MOBILE APP

    You can download the official app of the town hall of A Guarda for:

    A Guarda IOS application
    A Guarda Android application

    Council

    • Write to the Mayor
    • Schedules of Interest
    • Sede Electrónica

    Información

    • Associations and Groups
    • Phones of interest
    • Emergency Pharmacy

    Recommended

    • Events
    • News

    © A Guarda 2017 Todos os dereitos reservados

    • Legal notice
    • Política de cookies
    • Privacy Policy