(+34) 986 610 000
(+34) 986 610 283
alcaldia@aguarda.es
Praza do Reló 1, A Guarda, CP 36780
Login
No apps configured. Please contact your administrator.

Login with your site account

No apps configured. Please contact your administrator.
Lost your password?

  • Galician
  • English
Concello da GuardaConcello da Guarda
  • Search

    • Local Administration
      • Welcome of the Mayor
      • Local Administration
      • Reporting Committees
        • Special Account Commision
        • Plenary Affairs Commission
        • Urban Affairs Commission
      • Government Team
      • Municipal Corporation
      • Plenary Session Minutes
      • Minutes of Local Government Board
      • Flag and Local Coat of Arms
    • Regulatory Affairs
      • General Ordinances
      • Tax Ordinances
      • Regulations
      • Taxpayer’s Calendar
      • Payment Letters
    • Municipal services
      • CeMIT Room
      • Culture
      • Sport
      • Education
      • Nursery School
      • Heritage
      • Local Police
      • Social Services
      • Urbanism
      • Highways and Works
      • YOUTH (Municipal Youth Information Office- OMIX)
      • Municipal Market
    • MOT in A Guarda
    • Emergency Pharmacy
    • Spanish ID Card Renewal
    • Associations and Groups
    • Local Administration
      • Welcome of the Mayor
      • Local Administration
      • Reporting Committees
        • Special Account Commision
        • Plenary Affairs Commission
        • Urban Affairs Commission
      • Government Team
      • Municipal Corporation
      • Plenary Session Minutes
      • Minutes of Local Government Board
      • Flag and Local Coat of Arms
    • Regulatory Affairs
      • General Ordinances
      • Tax Ordinances
      • Regulations
      • Taxpayer’s Calendar
      • Payment Letters
    • Municipal services
      • CeMIT Room
      • Culture
      • Sport
      • Education
      • Nursery School
      • Heritage
      • Local Police
      • Social Services
      • Urbanism
      • Highways and Works
      • YOUTH (Municipal Youth Information Office- OMIX)
      • Municipal Market
    • MOT in A Guarda
    • Emergency Pharmacy
    • Spanish ID Card Renewal
    • Associations and Groups

    Cultura

    • Home
    • Cultura
    • A Guarda homenaxeará a Rosalía de Castro con versos, pintura e un espectáculo sobre a súa vida

    A Guarda homenaxeará a Rosalía de Castro con versos, pintura e un espectáculo sobre a súa vida

    • Posted by prensa
    • Categories Cultura, Educación
    • Date 16 February, 2018

    A «Semana por Rosalía» celebrarase do 19 ao 24 de febreiro cunha serie de actividades dedicadas á figura e obra da autora galega. O espectáculo de monicreques «A viaxe de Rosalía» porá fin á conmemoración do aniversario da poetisa, nada en 1837.

    A Guarda conmemorará o 181º aniversario do nacemento de Rosalía de Castro con seis días de actividades dirixidas ao alumnado escolar, o comercio e o público en xeral, coa xa tradicional «Semana por Rosalía» orientada á divulgación da figura e obra da autora, referente literario da nosa cultura.

    As actividades comezarán o 19 de febreiro con «Cada día un poema», unha iniciativa do departamento de Cultura coa que se anima a compartir nas Redes Sociais un poema diario da obra rosaliana facendo uso da etiqueta #Rosalíate. Ao tempo, a Concellería divulgará a través das súas contas oficiais nas redes sociais unha selección de versos da autora senlleira da lingua galega.

    Os centros de educación infantil e primaria guardeses participarán na «Semana por Rosalía» coa elaboración duns debuxos dentro da iniciativa «Que che inspira?». Así, máis de 400 cativos e cativas de infantil e primeiros cursos de primaria basearanse nuns versos extraídos da poesía rosaliana para elaborar debuxos orixinais que poderán decorar ao gusto. As súas creacións serán expostas, a partir do 20 de febreiro, en espazos públicos da vila (Casa do Concello, Centro Cultural e Praza de Abastos) e naqueles comercios que se sumen á iniciativa.

    O alumnado de 3º a 6º de primaria, pola súa parte, participará na elaboración dun «Mural por Rosalía» os días 22 e 23 de febreiro. A pintura realizarase a continuación da elaborada o pasado ano na rúa Vigo -á altura do colexio da Sangriña- en dúas fases, de xeito que unha voluntaria fará o deseño primario duns versos e, a continuación, as rapazas e rapaces serán os encargados de pintalo e decoralo.

    O sábado 24 de febreiro, Día de Rosalía, celebraranse dúas actividades culturais dirixidas ao público familiar. Pola mañá, a Biblioteca Pública Municipal acollerá unha nova sesión de «Contos contados» centrado na vida e obra da poetisa. A actividade contará coa participación dun coñecido veciño da Guarda, Manuel Cadilla («Maruxo»), que lerá versos rosalianos e contará a vida da autora aos pequenos e pequenas participantes e as súas familias. A continuación, poderán participar no obradoiro de elaboración de marcapáxinas.

    Espectáculo de monicreques

    A actividade de peche desta «Semana por Rosalía» guardesa será o espectáculo de monicreques «A viaxe de Rosalía», da man da actriz e titiriteira Larraitz Urruzola. A obra narra as pasaxes máis importantes da vida da autora compostelá dun xeito ameno e accesible para os cativos e cativas a partir de 6 anos, a través da voz da súa madriña, Francisca do Campo. Ela amosará ao público, a través das ferramentas da narración oral tradicionais, a historia da nena que chegou a ser un símbolo na cultura galega.

    O espectáculo comezará ás 19:30 horas no Centro Cultural. Alí, as entradas estarán dispoñibles a partir de mañá, 17 de febreiro, en horario de mañá (de 10 a 13) e, de luns a venres, en horario de mañá e tarde (de 10 a 13 e de 17 a 20).

    Tag:A Viaxe de Rosalía, cultura, Día de Rosalía, educación, Galicia, Lingua Galega, literatura, Mural por Rosalía, Poesía, Rosalía de Castro, Semana por Rosalía

    • Share:
    prensa

    Previous post

    Resultados da primeira proba no proceso selectivo para a bolsa de oficiais de servizos varios
    16 February, 2018

    Next post

    XI Gala do Deporte: a gran festa do deporte guardés celebrarase o 23 de febreiro no Centro Cultural
    17 February, 2018

    You may also like

    • A Agrupación Musical da Guarda continúa cos seus concertos nas parroquias
      27 April, 2026
    • María Couso impartirá na Guarda unha charla sobre o impacto da tecnoloxía na infancia
      23 April, 2026
    • O coro Cantábile actuará no I Festival Sons de Salcidos
      22 April, 2026

    Search

    Categories

    • General
    • Highways and works
    • Tourism
    • Uncategorized
    • Women

    Rebulindo

    • Móvete (Actividade física)
    • Lemos Xuntos?
    • Dalle ó Play
    • Coñece a vila!
    • A vida é xogo
    • Acion (Formación)
    Logo Concello de A Guarda

    (+34) 986 610 000

    (+34) 986 610 283

    alcaldia@aguarda.es

    MOBILE APP

    You can download the official app of the town hall of A Guarda for:

    A Guarda IOS application
    A Guarda Android application

    Council

    • Write to the Mayor
    • Schedules of Interest
    • Sede Electrónica
    • Whistleblowing channel

    Información

    • Associations and Groups
    • Phones of interest
    • Emergency Pharmacy

    Recommended

    • Events
    • News

    © A Guarda 2017 Todos os dereitos reservados

    • Legal notice
    • Política de cookies
    • Privacy Policy