Horarios do ferry dende o martes 6 ao domingo 11 de setembro
Horarios do ferry para a semana que vai dende hoxe, martes día 6, ata o domingo 11 de setembro.
A falta de calado debido ás mareas baixas provoca que o ferry non poida navegar. Por esta razón, algunhas viaxes teñen que ser canceladas.
Cada semana confírmanse as saídas garantidas segundo a previsión das mareas. Os horarios deben ser consultados na oficina do ferry ou no teléfono 986 61 15 26.
Durante esta semana, dende o martes día 6 ao domingo 11 de setembro os horarios serán os seguintes:
O horarios son definitivos excepto aquelas saídas con asterisco (*) que non están aseguradas. Ata o mesmo día o patrón do ferry non sabe se terá o suficiente calado. Para asegurarse, cómpre chamar ó número de teléfono antes citado.