INSCRICIÓN ABERTA PARA PARTICIPAR NO LABORATORIO DE IDEAS E NO PROGRAMA DE MENTORING DO CONCELLO DA GUARDA
O Concello da Guarda ten a inscrición aberta para todos aqueles interesados e interesadas en formar parte do “Laboratorio de Ideas” e no programa de “Mentoring”.
Ambas actividades darán comezo no mes de outubro.
Programa de Mentoring: Se es unha persoa emprendedora ou tes unha idea coa que emprender un proxecto, este é o programa idóneo para ti. O “Mentoring” ofrece asesoramento e acompañamento profesional para a posta en marcha dun novo negocio.
Laboratorio de Ideas: Se tes unha idea ou un proxecto e queres estudar a súa viabilidade, crear un espazo de traballo común e compartir experiencias para facer realidade esta idea, debes participar neste “Laboratorio de Ideas”.
Para facer efectivas as inscricións deben dirixirse á OMIX do Concello da Guarda ou contactar á dirección informacion@aguarda.es.