Lista definitiva de admitidos no proceso de selección dun guía turístico para o Monte Santa Trega
RESOLUCIÓN DA PRESIDENCIA Nº 23 DE 26 DE ABRIL DE 2018
Aprobadas as bases para a selección dunha praza de guía turístico no Monte Santa Trega do Concello de A Guarda por Resolución da Alcaldía de 12 de marzo de 2018 e aprobada a lista provisional de admitidos ó proceso selectivo por Resolución da Alcaldía de 16 de abril de 2018 non se presentaron alegacións a esta última, polo que resolvo:
Primeiro.- Aprobar a seguinte lista definitiva de admitidos e excluídos:
Segundo.- Nomear o seguinte tribunal Calificador:
– Presidente: Don Antonio Castro Videira, Celador do Padroado Municipal Monte Santa Trega (titular); dona Lourdes Ruiz Abad, directora do Conservatorio de Música (suplente).
– Secretario: don José Carlos Martínez Crespo, Secretario do Padroado Municipal Monte Santa Trega (titular); Dna. M.ª Montserrat Mariño Álvarez, funcionaria do concello de A Guarda (suplente).
– Vocais:
1.- Dona Mª Isabel Rodríguez Pazos, profesora do IES A Sangriña (titular); dona Mª Emilia Fernández Rodriguez, funcionaria do concello de A Guarda (suplente).
2.- Dona Norma Martínez Piñeiro, Celadora do Padroado Municipal Monte santa Trega (titular); don Hermelindo MArtinez Piñeiro, persoal laboral do concello de A Guarda (suplente).
3.- Don David Aragunde Arppe, Interventor do Padroado Municipal Monte Santa Trega (titular); don Luis Miguel Sieiro Mejuto, Tesoureiro do Concello da Guarda (suplente).
4.- Don José María Álvarez Álvarez, funcionario do concello de A Guarda (titular); dona María Rosario Trasorras Teijeiro, profesora do IES A Sangriña (suplente).
Os/as membros dos tribunais deberán absterse de intervir, comunicándolle ó Presidente cando concorra neles algunha das circunstancias previstas no artigo 28 da Lei 30/92 de réxime xurídico das administracións públicas e procedemento administrativo común, así como cando tivesen realizado tarefas de preparación de aspirantes durante os cinco anos anteriores á publicación desta convocatoria. Así mesmo, os/as aspirantes poderán recusar ós membros do tribunal cando concorra neles algunha das circunstancias previstas para a abstención e de conformidade co establecido no artigo 29 da Lei 30/92.
TERCEIRO: A constitución do tribunal cualificador terá lugar o 2 de maio de 2018, ás 16:30 horas, na casa do Concello de A Guarda.
A proba escrita eliminatoria fixada na base cuarta terá lugar o día 2 de maio de 2018, ás 17:00 horas, no salón de Plenos do Concello da Guarda, debendo vir provistos os aspirantes do seu DNI.
A defensa do proxecto de visita guiada polo aspirante, no caso de que supere a primiera proba, terá lugar a continuación desta.CUARTO.- Publicar a presente resolución na web e no taboleiro de Anuncios do Concello de A Guarda.