Puntuacións provisionais obtidas no proceso selectivo dun profesor de gaita para o Conservatorio
De acordo co sinalado nas bases que regulan o proceso selectivo para a cobertura dunha praza de profesor de gaita en réxime de interinidade, e unha vez rematado o proceso e valorados os méritos aportados, procédese á publicación da puntuación provisional obtida por cada un dos aspirantes, significándolles que dispoñen de 3 días hábiles para presentar alegacións ás valoracións reflexadas nesta listaxe, nas mesmas condicións que indica o punto 5 das bases reguladoras do proceso selectivo. Esta listaxe, será definitiva, de non presentarse alegacións á mesma no prazo indicado.
No caso de presentarse alegacións, estas serán aceptadas ou rexeitadas polo Tribunal, na listaxe definitiva que se publicará mediante anuncio no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello de A Guarda (aguarda.sedelectronica.gal) e, de forma complementaria, publicarase na páxina Web do Concello de A Guarda (www.aguarda.es), e no taboleiro físico do Concello.
Tag:Conservatorio, Gaita, Profesorado