Máis dunha veintena de participantes no achegamento aos cogomelos
Durante a fin de semana desenvolveuse unha dobre actividade para o achegamento aos cogomelos. Así, o venres fíxose unha explicación sobre o mundo dos fungos: aqueles máis representativos, os que poden xerar confusión, as súas partes e as súas características.
Ademais, os máis de 20 participantes iniciáronse no cultivo de cogomelos cun sustratro e micelio de seta para que nun mes podan ter as súas propias setas comestibles na casa.
Xa o sábado, xuntáronse para facer unha ruta de identificación de cogomelos, mais as altas temperaturas das últimas semanas están a atrasar a súa aparición.