MAÑÁ XOVES, ÚLTIMO DÍA PARA INSCRIBIRSE NAS TRES ÚLTIMAS ANDAINAS DO 2015
A Concellería de Deportes da Guarda pecha mañá, xoves 27 de agosto, o prazo de inscrición para participar nas tres andainas que están organizadas para este ano 2015. A próxima andaina é o sábado 12 de setembro.
Todas as persoas que estean interesadas en participar nesta actividade aínda poden facer a súa inscrición, xa sexa presentándose no mesmo Concello, chamando o número de teléfono 986 61 00 00 ou a través do mail deporte@aguarda.es.
O número de prazas para participar nas andainas é limitado polo que a orde de inscrición será o método a seguir para determinar a lista. Teñen prioridade aquelas persoas que se inscriban na actividade completa ou no maior número de andainas. O venres día 28 de agosto se elaborará a lista de participantes e tras ser avisados, terán de prazo ata o 4 de setembro para efectuar o pago da actividade.
As andainas ofertadas son: o 12 de setembro a “Fraga de Coiro” en Cangas, o 3 de outubro o “Roteiro polos Montes da Pedrada e da Magdalena” en Tomiño e o 7 de novembro no “Faro Budiño e Rocha do Pianista” en O Porriño.