(+34) 986 610 000
(+34) 986 610 283
alcaldia@aguarda.es
Praza do Reló 1, A Guarda, CP 36780
Login
No apps configured. Please contact your administrator.

Login with your site account

No apps configured. Please contact your administrator.
Lost your password?

  • Galician
  • English
Concello da GuardaConcello da Guarda
  • Search

    • Local Administration
      • Welcome of the Mayor
      • Local Administration
      • Reporting Committees
        • Special Account Commision
        • Plenary Affairs Commission
        • Urban Affairs Commission
      • Government Team
      • Municipal Corporation
      • Plenary Session Minutes
      • Minutes of Local Government Board
      • Flag and Local Coat of Arms
    • Regulatory Affairs
      • General Ordinances
      • Tax Ordinances
      • Regulations
      • Taxpayer’s Calendar
      • Payment Letters
    • Municipal services
      • CeMIT Room
      • Culture
      • Sport
      • Education
      • Nursery School
      • Heritage
      • Local Police
      • Social Services
      • Urbanism
      • Highways and Works
      • YOUTH (Municipal Youth Information Office- OMIX)
      • Municipal Market
    • MOT in A Guarda
    • Emergency Pharmacy
    • Spanish ID Card Renewal
    • Associations and Groups
    • Local Administration
      • Welcome of the Mayor
      • Local Administration
      • Reporting Committees
        • Special Account Commision
        • Plenary Affairs Commission
        • Urban Affairs Commission
      • Government Team
      • Municipal Corporation
      • Plenary Session Minutes
      • Minutes of Local Government Board
      • Flag and Local Coat of Arms
    • Regulatory Affairs
      • General Ordinances
      • Tax Ordinances
      • Regulations
      • Taxpayer’s Calendar
      • Payment Letters
    • Municipal services
      • CeMIT Room
      • Culture
      • Sport
      • Education
      • Nursery School
      • Heritage
      • Local Police
      • Social Services
      • Urbanism
      • Highways and Works
      • YOUTH (Municipal Youth Information Office- OMIX)
      • Municipal Market
    • MOT in A Guarda
    • Emergency Pharmacy
    • Spanish ID Card Renewal
    • Associations and Groups

    Muller

    • Home
    • Muller
    • Manifesto do Concello da Guarda polo Dia do Orgullo LGTBIQ+

    Manifesto do Concello da Guarda polo Dia do Orgullo LGTBIQ+

    • Posted by prensa
    • Categories Muller
    • Date 28 June, 2020

    Hoxe 28 de xuño de 2020 conmemoramos o Día Internacional do Orgullo LGTBIQ+, unha cita reivindicativa mundial que este ano celebramos a través do evento online #AGuardaDiversa. Un evento coorganizado pola Concellería de Igualdade, o CIM da Guarda e Sara Uris de Transformando Realidades.

    Un evento que traspasou as fronteiras da nosa vila, da nosa comarca e incluso do noso país, xa que puidemos contar nos directos que se levaron a cabo a través de RRSS con público de múltiples ubicacións. Algo do que estamos máis que orgullosas.

    Queremos neste momento agradecer a participación de todas as persoas que nos regalaron o seu coñecemento e historias de vida para axudarnos nesta labor de visibilización e información ao redor das identidades de xénero e orientacións sexuais.

    Grazas a María Torre, Ignacio Elpidio Dominguez, Alejandra e Pili, , e Ada Otero polos directos, e tamén a Luís Estévez, Miguel Guisantes, Naila Neves, Pablo González, Oscar Beceiro, Eli Rios, Patricia Freire, Rubén José Pereira ou Aingueru Mayor por compartir con nós as fotografías con algunhas das súas publicacións favoritas, dentro desta temática, e que foron subidas nas redes da biblioteca municipal e de Transformando Realidades. E por suposto grazas a Sara Uris por organizar e buscar a todas estas comprometidas persoas. Sen dúbida as súas intervencións contribuirán a cambiar un pouquiño máis as cousas.

    Aínda existen moitos países do mundo onde a diversidade sexual e de xénero, está perseguida e criminalizada por parte das leis e as autoridades. E moitos países nos que, a pesares de ser aceptada a nivel estatal, unha gran parte da sociedade segue estando moi lonxe de aceptar unha realidade que xa debería levar moito tempo aceptada.

    Para entender a historia do colectivo temos que trasladarnos ao 28 de xuño do ano 1969, e concretamente a unha redada policial no pub Stonewall na cidade de Nova York, lugar no que adoitaban reunirse persoas do colectivo.

    Nesa redada Stormé Delarverie, muller racializada e lesbiana, foi detida ao igual que outras persoas, polo mero feito de pertencer a un colectivo que non encaixaba coa concepción tradicional da sexualidade e o xénero. Despois de que un oficial a arrestara e a retivera na parte traseira do furgón policial, Stormé gritou pedindo axuda ao resto de persoas que alí se atopaban, facendo un chamamento á acción.

    Stormé foi a chispa que provocou os disturbios de Stonewall a través dos que as persoas do colectivo se revelaron contra todas esas inxustizas, e que desembocaron nas posteriores marchas e manifestacións polos dereitos e as liberdades do colectivo.

    A titulo persoal gustaríame resaltar que, xunto con Stormé, a orixe do orgullo que hoxe coñecemos ten nome de muller trans, a dunha muller trans racializada, Marsha Johnson, e a doutra muller trans hispana, Sylvia Rivera.

    O relato dos disturbios de Stonewall pasou á historia como unha revolta masculina, gai e branca, sen embargo leva a pegada destas dúas persoas: mulleres trans racializadas.

    As organizacións que representan ao colectivo coinciden en que a situación de confinamento ante a pandemia agravou aínda máis os problemas que xa afectaban ás persoas pertencentes ao colectivo. As solicitudes de asilo por este motivo foron paralizadas, algunhas persoas víronse obrigadas a convivir en confinamento con familias que non aceptan a súa orientación sexual ou a súa identidade de xénero, e persoas maiores do colectivo que viven soas se atoparon moito máis illadas e sen acceso a redes de apoio.

    Todo isto unido ao resto de situacións que se deron e dan durante este período: ERTE´s, perda de seres queridos, estrés provocado pola situación, inquietude polo que pode pasar, etc.

    Por iso a celebración deste ano debe servir como unha inxección de forza, ánimo e afán de superación, calidades inherentes a un colectivo que leva séculos lidando coa discriminación e soportando como se mira cara outro lado ante os seus problemas.

    O Concello da Guarda non quere mirar cara outro lado, quere poñerse ao carón de todo o colectivo e tender unha man para seguir andando o camiño e continuar visibilizando unha realidade que sempre estivo, está e estará con nós, aínda que algunhas persoas queiran negalo.

    Estamos do lado desas persoas que teñen dereito a vivir o seu amor libremente.

    Estamos do lado das persoas que teñen dereito a ser e a existir.

    Estamos do lado das persoas do colectivo de lesbianas, gais, bisexuais, trans, intersexuais e queer, e do resto das persoas que non estean representados nas siglas anteriores.

    A diversidade é unha ferramenta de futuro, un motor de cambio e evolución, e debemos abrazala, beber dela e especialmente desde as administracións debemos pisar o acelerador e mostrar un compromiso forte e claro cara o respecto á diversidade.

    Con todo o camiño que queda por andar e o que aprenderemos durante ese camiño esperamos que, máis pronto que tarde, as persoas non teñan que saír de ningún armario ou dar explicacións sobre a súa identidade de xénero ou cal é a súa orientación sexual.

    Feliz día do Orgullo LGTBIQ+ para todos, todas e todes.

     

    Tag:A Guarda, dia do orgullo, igualdade, lgtbiq+, manifesto

    • Share:
    prensa

    Previous post

    O concello da Guarda suspende as festas do Monte 2020
    28 June, 2020

    Next post

    Orpagu, Concello de A Guarda y Zona Franca estudian la instalación de una planta frigorífica
    29 June, 2020

    You may also like

    • Abertas as inscricións da V edición do obradoiro ‘Con voz propia’
      6 February, 2026
    • Convocatoria de minuto de silencio en repulsa do asasinato machista
      2 February, 2026
    • A Guarda ofrece uns faladoiros sobre a muller e a súa saúde
      3 December, 2025

    Search

    Categories

    • General
    • Highways and works
    • Tourism
    • Uncategorized
    • Women

    Rebulindo

    • Móvete (Actividade física)
    • Lemos Xuntos?
    • Dalle ó Play
    • Coñece a vila!
    • A vida é xogo
    • Acion (Formación)
    Logo Concello de A Guarda

    (+34) 986 610 000

    (+34) 986 610 283

    alcaldia@aguarda.es

    MOBILE APP

    You can download the official app of the town hall of A Guarda for:

    A Guarda IOS application
    A Guarda Android application

    Council

    • Write to the Mayor
    • Schedules of Interest
    • Sede Electrónica
    • Whistleblowing channel

    Información

    • Associations and Groups
    • Phones of interest
    • Emergency Pharmacy

    Recommended

    • Events
    • News

    © A Guarda 2017 Todos os dereitos reservados

    • Legal notice
    • Política de cookies
    • Privacy Policy