Manualidades, monicreques e cinema para os “pequenos e pequenas da casa”
Teatro de actor con monicreques de gomaespuma será o espectáculo infantil deste Nadal 2015
A programación de Nadal continúa no Concello da Guarda.
Durante o día de hoxe, luns 29 de decembro, os nenos e nenas da vila traballan nun obradoiro de manualidades. O resultado desta iniciativa a poderán desfrutar tódolos guardeses e guardesas o vindeiro día 5 de xaneiro, xa que están a elaborar diferentes detalles que lucirán na Casa dos Alonsos tras a cabalgata dos Reis Magos.
Mañá mércores 30 de xaneiro, toda a familia poderá gozar co espectáculo de monicreques LARANXUS 7, da Compañía Avento. Laranxus 7 cóntanos a historia de Verde,un extraterrestre que habita o planeta Laranxus 7 e que leva unha vida do mais monótona e aburrida, só e sen ninguén con quen xogar. Un día ata o seu planeta é colonizado por uns malvados e horribles invasores, é aí cando Verde, o noso protagonista, embárcase nunha fantástica viaxe na procura de axuda.
A cita é as 17:30h. no Centro Cultural. A entrada é de balde, e o ticket pódese retirar xa no Centro Cultural.
Mais non remata aquí a programación infantil, xa que o luns 4 de xaneiro, terá lugar a proxección do filme de animación BIG HERO 6, ás 17.30h. no Centro Cultural.