Mesa de Contratación no procedemento aberto para contratación das obras de urbanización da Rúa Calvario do Concello da Guarda
A mesa de contratación estará integrada do xeito seguinte:
Presidente: Alcalde presidente do Concello ou Concelleiro en quen delegue.
Vocais:
D. Miguel A. Español Otero, Concelleiro responsable do Servizo.
Dna. Montserrat Magallanes Álvarez, Concelleira do Grupo Municipal Socialista.
D. José Carlos Castro Martinez, Concelleiro do Grupo Municipal do PP (titular).
Dna. Ana Llorca Maneiro, Interventora do Concello da Guarda, ou funcionario que legalmente a sustitua.
D. José Carlos Martinez Crespo, Secretario Acctal. do Concello da Guarda, ou funcionario que legalmente o substitua.
Secretario da Mesa: D. José Maria Alvarez Alvarez (titular), ou funcionario que legalemente a substitua.
A Mesa de contratación procederá á cualificación da documentación xeral no Concello de a Guarda ás dez horas do 5 de outubro de 2015, nas dependencias municipais. No caso da existencia de deficiencias subsanables na documentación xeral, se outorgará ós licitadores un prazo de dous días hábiles para proceder á súa subsanación.
Ás dez horas do 8 de outubro de 2015 se procederá pola mesa de contratación, en acto público, á apertura dos sobres B e C que conteñen a oferta económica e técnica. Caberá solicitar pola mesa de contratación, cantos informes técnicos se consideren precisos e se relacionen co obxecto de contrato.