Mesa de contrtación no procedemento aberto das obras contidas no proxecto de “Instalacións e equipamentos casa dos Alonsos”
MESA DE CONTRATACIÓN NO PROCEDEMENTO ABERTO DAS OBRAS contidas no proxecto DE “INSTALACIÓNS E EQUIPAMENTOS CASA DO ALONSOS”, O ABEIRO DA SUBVENCIÓN CONCEDIDA Ó CONCELLO DA GUARDA POLA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA DENTRO DO PLAN PROVINCIAL DE OBRAS E SERVIZOS 2015 (PPOS 2015) .
A mesa de contratación estará integrada do xeito seguinte:
– Presidente:Alcalde presidente do Concello ou Concelleiro en quen delegue.
– Vocais:
*Don Miguel Ángel Español Otero, Concelleiro responsable do servicio.
* Don Hermelindo Martínez González, Arquitecto Técnico Municipal
*Dona Ana Llorca Maneiro, Interventora do Concello da Guarda, ou funcionario que legalmente a substitúa.
*Dona Julia Mª Carrasco González-Alegre, Secretaria do Concello da Guarda, ou funcionario que legalmente a substitúa.
– Secretario da Mesa: Don José Carlos Martínez Crespo (Titular); dona Montserrat Mariño Álvarez (suplente).
Ante a imposibilidade de reunir o quórum necesario nas datas previstas nos pregos de contratación, a Mesa de contratación procederá á cualificación da documentación xeral no Concello de a Guarda ás dez horas do 6 de setembro de 2016, nas dependencias municipais. No caso da existencia de deficiencias subsanables na documentación xeral, se outorgará ós licitadores un prazo de dous días hábiles para proceder á súa subsanación.
Ás dez horas do 9 de setembro de 2016 se procederá pola mesa de contratación, en acto público, á apertura das ofertas presentadas, nas dependencias municipais. Caberá solicitar pola mesa de contratación, cantos informes técnicos se consideren precisos e se relacionen co obxecto de contrato.