(+34) 986 610 000
(+34) 986 610 283
alcaldia@aguarda.es
Praza do Reló 1, A Guarda, CP 36780
Login
No apps configured. Please contact your administrator.

Login with your site account

No apps configured. Please contact your administrator.
Lost your password?

  • Galician
  • English
Concello da GuardaConcello da Guarda
  • Search

    • Local Administration
      • Welcome of the Mayor
      • Local Administration
      • Reporting Committees
        • Special Account Commision
        • Plenary Affairs Commission
        • Urban Affairs Commission
      • Government Team
      • Municipal Corporation
      • Plenary Session Minutes
      • Minutes of Local Government Board
      • Flag and Local Coat of Arms
    • Regulatory Affairs
      • General Ordinances
      • Tax Ordinances
      • Regulations
      • Taxpayer’s Calendar
      • Payment Letters
    • Municipal services
      • CeMIT Room
      • Culture
      • Sport
      • Education
      • Nursery School
      • Heritage
      • Local Police
      • Social Services
      • Urbanism
      • Highways and Works
      • YOUTH (Municipal Youth Information Office- OMIX)
      • Municipal Market
    • MOT in A Guarda
    • Emergency Pharmacy
    • Spanish ID Card Renewal
    • Associations and Groups
    • Local Administration
      • Welcome of the Mayor
      • Local Administration
      • Reporting Committees
        • Special Account Commision
        • Plenary Affairs Commission
        • Urban Affairs Commission
      • Government Team
      • Municipal Corporation
      • Plenary Session Minutes
      • Minutes of Local Government Board
      • Flag and Local Coat of Arms
    • Regulatory Affairs
      • General Ordinances
      • Tax Ordinances
      • Regulations
      • Taxpayer’s Calendar
      • Payment Letters
    • Municipal services
      • CeMIT Room
      • Culture
      • Sport
      • Education
      • Nursery School
      • Heritage
      • Local Police
      • Social Services
      • Urbanism
      • Highways and Works
      • YOUTH (Municipal Youth Information Office- OMIX)
      • Municipal Market
    • MOT in A Guarda
    • Emergency Pharmacy
    • Spanish ID Card Renewal
    • Associations and Groups

    Cultura

    • Home
    • Cultura
    • Música, deporte e espectáculos enchen A Guarda dende o venres ata o 25 de xullo, Día de Galicia

    Música, deporte e espectáculos enchen A Guarda dende o venres ata o 25 de xullo, Día de Galicia

    • Posted by prensa
    • Categories Cultura, Deporte
    • Date 20 July, 2017

    Mañá comezan, coa I Mostra do CD Baixo Miño de Judo, cinco días cargados de programación deportiva e cultural no Concello da Guarda, que encherán a vila de música, exhibicións e competicións deportivas, para finalizar o día 25 co espectáculo circense da compañía Pistactiva.

    Mañá venres, 21 de xullo, celébrase a I Mostra do Centro Deportivo Baixo Miño de Judo, que terá lugar no Campo Municipal da Sangriña a partir das 21:30 horas. Realizaránse exhibicións de defensa persoal, baile moderno e zumba, ademais de judo.

    O sábado viviremos unha das grandes noites musicais dentro da programación cultural deste verán na vila, coa celebración dunha nova edición de “Noites no Castelo”. Contaremos coas actuacións de Budiño, con Mercedes Peón como convidada especial, e Susana Seivane, a partir das 22:00 horas no Castelo de Santa Cruz.

    Dende a mañá do sábado e ata a noite do domingo, na praia do Codesal, estarase a disputar o Trofeo Concello da Guarda de Volei Praia con categorías senior e amateur. Os equipos federados competirán entre as 10:00 e as 21:00 horas do sábado e continuarán durante a xornada do domingo, entre as 10:00 e as 20:00 horas, coincidindo coa competición dos equipos da categoría amateur.

    Durante o domingo, celébrase o XXIV Encontro dos pobos no Auditorio de San Benito a partir das 20:30 horas. A celebración contará coas intervencións dos grupos de música tradicionais da 3ª idade, Vento Mareiro, Xamaraina, Do Lusco ó Fusco, Doxe nun ano e o grupo húngaro Harruckern.

    Na carpa instalada no porto guardés, a partir das 14:00 horas, celebrarase un xantar-churrascada organizado pola Agrupación de Pescadores O Buxeiro, co gaio da celebración da Xuntanza de pescadores deportivos. Os interesados en acudir ó encontro están convocados na explanada do porto ás 7 da mañá para ir pescar.

    Xa na noite do luns, a programación cultural continua no Auditorio de San Benito, onde terá lugar o Encontro da canción mariñeira a partir das 20:30 horas, organizado polo Concello da Guarda e a Coral Polifónica guardesa. Contaremos nesta ocasión coa intervención do grupo de pandeireteiras Coiro Vello, a Coral Polifónica da Guarda e a Orfeao de Vila Praia de Ancora.

    Tamén no Auditorio de San Benito será, a partir das 20:30 do Día de Galicia, o espectáculo circense Pistactiva, con Circo Chosko e Isla Letriska, cuxa actuación porá fin a cinco días de programación variada para toda a familia.

     

      Tag:Axenda cultural, Circo Chosko, Encontro da canción mariñeira, I Mostra do CD Baixo Miño de Judo, Isla Letriska, Noites no Castelo, Pistactiva, Trofeo Concello da Guarda de volei Praia, Xuntanza de pescadores Deportivos

      • Share:
      prensa

      Previous post

      Budiño, Mercedes Peón e Susana Seivane: cartel de luxo para as "Noites no Castelo" deste sábado
      20 July, 2017

      Next post

      O Centro de Interpretación do Castelo de Santa Cruz permancerá pechado o sábado
      21 July, 2017

      You may also like

      • A Guarda pon en valor o patrimonio etnográfico e paisaxístico do Baixo Miño
        6 May, 2025
      • A escola de baile Attitude presenta este domingo o seu festival de primavera
        2 May, 2025
      • Máis de 420 xoves judokas competirán este sábado na Guarda
        30 April, 2025

      Search

      Categories

      • General
      • Highways and works
      • Tourism
      • Uncategorized
      • Women

      Rebulindo

      • Móvete (Actividade física)
      • Lemos Xuntos?
      • Dalle ó Play
      • Coñece a vila!
      • A vida é xogo
      • Acion (Formación)
      Logo Concello de A Guarda

      (+34) 986 610 000

      (+34) 986 610 283

      alcaldia@aguarda.es

      MOBILE APP

      You can download the official app of the town hall of A Guarda for:

      A Guarda IOS application
      A Guarda Android application

      Council

      • Write to the Mayor
      • Schedules of Interest
      • Sede Electrónica

      Información

      • Associations and Groups
      • Phones of interest
      • Emergency Pharmacy

      Recommended

      • Events
      • News

      © A Guarda 2017 Todos os dereitos reservados

      • Legal notice
      • Cookies policy
      • Privacy Policy