O alcalde da Guarda, Antonio Lomba, e o Concelleiro delegado do Grupos de Emerxencia Supramunicipal (GES), Miguel Español, mantiveron hoxe unha reunión cos traballadores do GES.
Alumnas e alumnos de todos os colexios de primaria da Guarda acudiron este mércores e xoves, 11 e 12 de xaneiro, a visitar a mostra “Enerxía, auga e máquinas”.
No BOPPO de data 30/12/2016 foi publicado o anuncio de aprobación inicial do orzamento xeral municipal do ano 2017.
O Centro Cultural da Guarda foi o escenario do último dos obradoiros de fotografía social impartidos por Felipe Carnotto tras percorrer dez concellos socios do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.
Entre as actividades que amenizarán esta fin de semana na Guarda, destaca a “I Concentración de la Vieja Escuela” que se celebrará este sábado 8 de outubro na rúa de Circunvalación, á altura de A Cruzada.
O concello da Guarda organiza conxuntamente coa Cámara de Caminha as andainas de outono no mes de outubro e principios de novembro. Trátase de 4 etapas de Santiago ata Fisterra programadas da seguinte maneira.
Aprobadas mediante Decreto 0392/2016, de 8 de xuño as bases para a contratación de cinco persoas en situación ou risco de exclusión social perceptoras de RISGA, para a realización da obra ou servizo denominado “Limpeza e mantemento de espazos naturais”
Neste encontro, o terapeuta familiar, Esteban Figueirido, falou da comunicación na educación. Os participantes foron moi activos e transmitiron as súas experiencias e dúbidas.
O pasado venres día 12 de febreiro o equipo de goberno do concello da Guarda, en vista do estado de deterioro que presenta o pavillón do CEIP As Solanas e das malas previsións meteorolóxicas, encargou a redacción dun informe urxente …
O número de visitantes que accederon ó monte Santa Trega entre o 15 de febreiro e o 31 de decembro do 2015 foi de 180077 persoas, o que significa un incremento de 13029 persoas con respecto a temporada de 2014. …

