Xestión da escola infantil municipal do Concello da Guarda
DATA DE FORMALIZACIÓN: 20/08/2015
DECRETO 0592/2015
Resolución da Alcaldía de 5 DE AGOSTO DE 2015
CONSIDERANDO que mediante Decreto 289/2015, de 6 de maio, aprobouse a apertura do procedemento de adxudicación do servizo “XESTIÓN DA ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL DO CONCELLO DA GUARDA” e que se procedeu polo órgano de contratación á apertura das seguintes ofertas presentadas:
1.- ANA NAYA GARCÍA, S.L. comprométese a executa-lo servizo de acordo coa seguinte oferta:
- PREZO: 154.000 EUROS
- MELLORAS: 4.000 EUROS EN MATERIAL E EQUIPO DIDÁCTICO / 23 HORAS SEMANAIS DE SERVIZOS A MAIORES.
- TEN CERTIFICADO DE CALIDADE SEGUNDO A NORMA UNE-EN-ISO 9001:2008
2.- AURORA, PILAR Y ANA, S.L. comprométese a executa-lo servizo de acordo coa seguinte oferta:
- PREZO: 155.000 EUROS
- MELLORAS: 1.200 EUROS EN MATERIAL E EQUIPO DIDÁCTICO / 11 HORAS SEMANAIS DE SERVIZOS A MAIORES.
- NON TEN CERTIFICADO DE CALIDADE SEGUNDO A NORMA UNE-EN-ISO 9001:2008
CONSIDERANDO que a mellor oferta das presentadas é a de ANA NAYA GARCÍA, S.L.
Resultando que unha vez requerida a licitadora, presenta os certificados esixidos, o xustificante do pago dos anuncios por importe de 532,80 euros e garantía definitiva por importe de 7.700,00 euros.
En virtude das facultades que me confire o ordenamento xurídico vixente, e de acordo co disposto nos pregos que rexeron a presente contratación
RESOLVO:
1.- Adxudicar o contrato para levar a cabo o servizo de “XESTIÓN DA ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL DO CONCELLO DA GUARDA” a ANA NAYA GARCÍA, S.L. nos seguintes termos:
- PREZO: 154.000 EUROS/ANUAIS
- MELLORAS: 4.000 EUROS EN MATERIAL E EQUIPO DIDÁCTICO / 23 HORAS SEMANAIS DE SERVIZOS A MAIORES.
2.- Requerir á adxudicataria, ANA NAYA GARCÍA, S.L. para que proceda a formalización do contrato no prazo non superior a quince días hábiles a contar dende o seguinte ó da recepción do presente requerimento.
3. -Notificar a presente resolución ós interesados, ó departamento de Intervención, e proceder a súa publicación así como a da formalización no perfil do contratante municipal.
A Guarda, 5 de agosto de 2015
O Alcalde en funcións
Miguel A. Español Otero