O ALCALDE DA GUARDA, ANTONIO LOMBA, ASINA O DECRETO DE DELEGACIÓN DE COMPETENCIAS ÓS CONCELLEIROS
RESOLUCIÓN DA ALCALDÍA DE 19 DE XUÑO DE 2015.
Vistos os Art. 20.1b) e 23.3. da Lei 7/85, Reguladora das Bases de Réxime Local, e Art. 59.2 b) e 62.1 da Lei 5/97, de Administración Local de Galicia, esta Alcaldía en uso das atribucións que lle confire o art. 23.3. da Lei 7/85 e de conformidade co establecido no Art. 46, 52 e 53 do ROF, RESOLVO:
PRIMEIRO: Nomear Concelleiros Delegados das áreas que a continuación se relacionan:
Turismo, Facenda, Desenvolvemento económico (Comercio, Industria e Pesca) e Persoal: Dona Montserrat Magallanes Álvarez.
Vías e Obras; Emerxencias (GES e Protección Civil); seguimento de proxectos: Don Miguel Ángel Español Otero.
Servizos, Tráfico e Medio Ambiente: Don Paulino Rodríguez González.
Servicios Sociais, Sanidade e Iguladade: Dona Mª Teresa Vicente Baz.
Cultura, Educación e Xuventude: Dona Elena Baz Rodríguez
Patrimonio, Deporte e Formación e Emprego: Don Manuel Javier Crespo González.
A Alcaldía mantén as competencias nas áreas de Urbanismo e Novas Tecnoloxías.
SEGUNDO: Notificar o presente Decreto aos Concelleiros afectados, o cal xurdirá efectos dende o día seguinte da súa firma, sen prexuízo da súa publicación no BOP
TERCEIRO: Dar conta do presente Decreto ao Pleno do Concello na sesión extraordinaria que se convoque en cumprimento do disposto no artigo 38 del ROF, a efectos de que quede enterado do seu contido.
A Guarda, 19 de xuño de 2015.
O Alcalde:
Antonio Lomba