O alcalde da Guarda visita ‘Coeco Creative’ no seu novo local na rúa Brasil
O alcalde da Guarda, Roberto Carrero, continúa coa campaña de promoción dos novos establecementos da Guarda mediante visitas e difusión das súas actividades, dando o seu apoio aos emprendedores.
No día de onte, o alcalde visitou o novo local de Coeco Creative, quen mudou o seu local á rúa Brasil en busca dun sitio con máis espazo e comodidade para o obradoiro.
Coeco Creative con Tamara Alonso e David Rodríguez ao fronte, leva anos ofrecendo os seus servizos de impresión téxtil, deseño e contido audiovisual. Case o 90% do seu traballo é a persoalización téxtil con técnicas como a serigrafía, bordado ou vinilo.
Tamara e David tiveron que “traballar moito para preparar o local como queriamos e aínda estamos cos retoques finais, pero o anterior local xa se nos quedaba pequeno”:
O alcalde felicitounos por este novo local que supón “o resultado do crecemento e consolidación de Coeco Creative como empresa local que busca unha mellora nos seus servizos”.
Moita sorte a Coeco Creative na súa nova casa!



