(+34) 986 610 000
(+34) 986 610 283
alcaldia@aguarda.es
Praza do Reló 1, A Guarda, CP 36780
Login
No apps configured. Please contact your administrator.

Login with your site account

No apps configured. Please contact your administrator.
Lost your password?

  • Galician
  • English
Concello da GuardaConcello da Guarda
  • Search

    • Local Administration
      • Welcome of the Mayor
      • Local Administration
      • Reporting Committees
        • Special Account Commision
        • Plenary Affairs Commission
        • Urban Affairs Commission
      • Government Team
      • Municipal Corporation
      • Plenary Session Minutes
      • Minutes of Local Government Board
      • Flag and Local Coat of Arms
    • Regulatory Affairs
      • General Ordinances
      • Tax Ordinances
      • Regulations
      • Taxpayer’s Calendar
      • Payment Letters
    • Municipal services
      • CeMIT Room
      • Culture
      • Sport
      • Education
      • Nursery School
      • Heritage
      • Local Police
      • Social Services
      • Urbanism
      • Highways and Works
      • YOUTH (Municipal Youth Information Office- OMIX)
      • Municipal Market
    • MOT in A Guarda
    • Emergency Pharmacy
    • Spanish ID Card Renewal
    • Associations and Groups
    • Local Administration
      • Welcome of the Mayor
      • Local Administration
      • Reporting Committees
        • Special Account Commision
        • Plenary Affairs Commission
        • Urban Affairs Commission
      • Government Team
      • Municipal Corporation
      • Plenary Session Minutes
      • Minutes of Local Government Board
      • Flag and Local Coat of Arms
    • Regulatory Affairs
      • General Ordinances
      • Tax Ordinances
      • Regulations
      • Taxpayer’s Calendar
      • Payment Letters
    • Municipal services
      • CeMIT Room
      • Culture
      • Sport
      • Education
      • Nursery School
      • Heritage
      • Local Police
      • Social Services
      • Urbanism
      • Highways and Works
      • YOUTH (Municipal Youth Information Office- OMIX)
      • Municipal Market
    • MOT in A Guarda
    • Emergency Pharmacy
    • Spanish ID Card Renewal
    • Associations and Groups

    Xeráis

    • Home
    • Xeráis
    • O alcalde de Caminha, Rui Lages, e o Alcalde da Guarda, Roberto Carrero, reuníronse en Caminha, para tratar os expedientes comúns entre os dous concellos

    O alcalde de Caminha, Rui Lages, e o Alcalde da Guarda, Roberto Carrero, reuníronse en Caminha, para tratar os expedientes comúns entre os dous concellos

    • Posted by prensa
    • Categories Xeráis
    • Date 31 August, 2023
    • Comments 0 comment
    O alcalde de Caminha, Rui Lages, e o Alcalde da Guarda, Roberto Carrero, reuníronse en Caminha, para tratar os expedientes comúns entre os dous concellos
    • Cómpre buscar financiamento dos Estados para que o río Miño poida ser dragado e garantir unha conexión fluvial máis robusta e eficaz.

     

    Os alcaldes de Caminha e A Guarda reuníronse este mércores en Caminha, para tratar os expedientes que ambos teñen entre mans e que son comúns aos dous concellos do río Minho.

     

    Algúns dos expedientes tratados refírese á conexión fluvial entre Caminha e A Guarda que, desde 2020, está suspendida, inicialmente pola imposición de restricións de circulación como consecuencia do Covid-19 e, posteriormente, pola seguridade do peirao de embarque na Pasaxe , que se atopa actualmente en reparación.

     

    Unha das preocupacións expresadas tamén se relaciona coa colmatación do río Miño e da canle do Ferry, que pon en risco a súa navegabilidade. “Cómpre buscar financiamento dos Estados para que o río Miño poida ser dragado e garantir unha conexión fluvial máis robusta e eficaz. Non só para que o Ferry poida navegar, senón tamén para que as actividades pesqueiras e náuticas se desenvolvan dun xeito máis seguro”. Cruzar o río Miño é un punto de preocupación común. “Hai que ter unha conexión efectiva e regular entre os dous pobos, que sempre viron o río Miño como un espazo común que nos une, pero o certo é que, nos últimos tempos, converteuse nun espazo que nos separa, debido a imprevistos, alleos aos propios concellos”, sinalaron os alcaldes.

     

    A cooperación institucional tamén foi un tema central do encontro, onde presidente e alcalde se comprometeron a manter boas relacións entre os concellos.

     

    A creación dunha eurocidade entre Caminha e A Guarda é un dos temas que os alcaldes pretenden desenvolver a curto prazo.

     

    Cultura e deporte serán unha ponte que pretendemos explorar entre as dúas ribeiras do río Miño.

     

    Na xuntanza tamén se tratou un tema sobre a construción de parques eólicos na costa atlántica que limita cos dous municipios. Unha preocupación de ambos os alcaldes, e o seu compromiso, é facer todo o que estea no seu alcance, xunto coas entidades competentes, para minimizar os impactos no territorio transfronteirizo, defendendo a pesca, a poboación, o turismo e o territorio.

     

    Tamén esta prevista unha nova reunión, para revalorizar o estado dos citados expedientes, no concello da Guarda.

    Tag:A Guarda, caminha, eurocidade, ferry, ferry boat, roberto carrero, rui lages

    • Share:
    prensa

    Previous post

    A compostaxe doméstica afiánzase na Guarda con case 600 composteiros repartidos dende o ano 2017
    31 August, 2023

    Next post

    A Guarda participa o 17 de setembro no proxecto Libera de limpeza de praias
    6 September, 2023

    You may also like

    • O Obradoiro Tecendo Lazos -Madurez activa e comunidade- chega á Guarda no mes de outubro
      O Obradoiro Tecendo Lazos -Madurez activa e comunidade- chega á Guarda no mes de outubro
      22 September, 2023
    • Convocatoria de Pleno ordinario este mércores ás 20:00h
      22 September, 2023
    • Citas para a renovación do DNI na Guarda para o mes de setembro
      Citas para a renovación do DNI na Guarda para o mes de setembro
      24 August, 2023

    Leave A Reply Cancel reply

    Your email address will not be published. Required fields are marked *

    Search

    Categories

    • General
    • Highways and works
    • Tourism
    • Uncategorized
    • Women

    Rebulindo

    • Móvete (Actividade física)
    • Lemos Xuntos?
    • Dalle ó Play
    • Coñece a vila!
    • A vida é xogo
    • Acion (Formación)
    Logo Concello de A Guarda

    (+34) 986 610 000

    (+34) 986 610 283

    alcaldia@aguarda.es

    MOBILE APP

    You can download the official app of the town hall of A Guarda for:

    A Guarda IOS application
    A Guarda Android application

    Council

    • Write to the Mayor
    • Schedules of Interest
    • Sede Electrónica

    Información

    • Associations and Groups
    • Phones of interest
    • Emergency Pharmacy

    Recommended

    • Events
    • News

    © A Guarda 2017 Todos os dereitos reservados

    • Legal notice
    • Cookies policy
    • Privacy Policy