O alcalde de Santa Tecla (El Salvador) visita A Guarda
O xoves pola mañá o Concello da Guarda recibiu a visita do alcalde da cidade de Santa Tecla (El Salvador), Henry Flores.
Santa Tecla é a sétima cidade máis poboada de El Salvador e conta con arredor de 200.000 habitantes. O seu alcalde, Henry Flores, visitou a Casa dos Alonso e falou cos concelleiros e o alcalde guardés sobre as festas de Santa Tecla a ambos lados do Atlántico.
Ademais, Henry Flores recibiu un agasallo de parte do Concello, e o libro de poemas “De mar a mar” de Feliciano Roldán para cada un dos compoñentes da pequena comitiva salvadoreña. Para rematar a súa visita, Flores asinou o libro de honra do Concello.