(+34) 986 610 000
(+34) 986 610 283
alcaldia@aguarda.es
Praza do Reló 1, A Guarda, CP 36780
Login
No apps configured. Please contact your administrator.

Login with your site account

No apps configured. Please contact your administrator.
Lost your password?

  • Galician
  • English
Concello da GuardaConcello da Guarda
  • Search

    • Local Administration
      • Welcome of the Mayor
      • Local Administration
      • Reporting Committees
        • Special Account Commision
        • Plenary Affairs Commission
        • Urban Affairs Commission
      • Government Team
      • Municipal Corporation
      • Plenary Session Minutes
      • Minutes of Local Government Board
      • Flag and Local Coat of Arms
    • Regulatory Affairs
      • General Ordinances
      • Tax Ordinances
      • Regulations
      • Taxpayer’s Calendar
      • Payment Letters
    • Municipal services
      • CeMIT Room
      • Culture
      • Sport
      • Education
      • Nursery School
      • Heritage
      • Local Police
      • Social Services
      • Urbanism
      • Highways and Works
      • YOUTH (Municipal Youth Information Office- OMIX)
      • Municipal Market
    • MOT in A Guarda
    • Emergency Pharmacy
    • Spanish ID Card Renewal
    • Associations and Groups
    • Local Administration
      • Welcome of the Mayor
      • Local Administration
      • Reporting Committees
        • Special Account Commision
        • Plenary Affairs Commission
        • Urban Affairs Commission
      • Government Team
      • Municipal Corporation
      • Plenary Session Minutes
      • Minutes of Local Government Board
      • Flag and Local Coat of Arms
    • Regulatory Affairs
      • General Ordinances
      • Tax Ordinances
      • Regulations
      • Taxpayer’s Calendar
      • Payment Letters
    • Municipal services
      • CeMIT Room
      • Culture
      • Sport
      • Education
      • Nursery School
      • Heritage
      • Local Police
      • Social Services
      • Urbanism
      • Highways and Works
      • YOUTH (Municipal Youth Information Office- OMIX)
      • Municipal Market
    • MOT in A Guarda
    • Emergency Pharmacy
    • Spanish ID Card Renewal
    • Associations and Groups

    Xerais

    • Home
    • Xerais
    • O alcalde e representantes da hostalería guardesa reúnense co Presidente de Portos de Galicia

    O alcalde e representantes da hostalería guardesa reúnense co Presidente de Portos de Galicia

    • Posted by Concello
    • Categories Xerais
    • Date 14 January, 2016

    No encontro demandaron limiar o acceso de vehículos na rúa do Porto

    O alcalde de A Guarda, Antonio Lomba Baz, acompañado pola  Concelleira de Turismo, Montserrat Magallanes, e por dous hostaleiros da localidade, en representación  dos restaurantes da zona do porto, estiveron na tarde do  martes, 12 de xaneiro,  nas dependencias de Portos de Galicia en Pontevedra.

    Nesta reunión, na que ademais  do Presidente de Portos, José Juan Durán, estivo o xefe de Portos da zona Sur e o vixiante da zona, o alcalde Antonio Lomba trasladou de novo as principais demandas do concello da Guarda a Portos de Galicia.

    Así, para o rexedor, unha das principais problemáticas que hai no porto da Guarda é a falta de seguridade vial provocada pola libre circulación de vehículos pola rúa peonil. O alcalde comunicou a Portos a necesidade de  garantir a  seguridade dos peóns e viandantes nesta vía, tendo en conta que é un lugar de paseo e esparcemento  para a cidadanía guardesa e un dos espazos  máis visitados e concorridos por turistas durante todo o ano, especialmente nos meses de verán. Para garantir  a seguridade e limitar o acceso de vehículos, o alcalde, co apoio dos hostaleiros, propuxo a instalación dun bolardo retráctil,  proposta que  foi  recollida polos responsables do ente, establecéndose a posibilidade dun convenio para regular o xestión do mesmo.

    O alcalde demandou tamén unha solución para regular o aparcamento no vial do porto dado que está provocando problemas no tráfico. A proposta de Portos para resolver esta cuestión foi a de asinar un convenio para que sexa a policía local da Guarda a que faga o control de aparcamento. Como condición a esta proposta o alcalde expresoulle a portos que contemplaría a sinatura dun convenio sempre e cando a competencia da xestión das posibles sancións fora cedida ao concello.
    Nesta mesma reunión, continuación da que houbo en Santiago no mes de outubro, o responsable municipal  interesouse  polo estado da plataforma  do ferry, debido ao estado de deterioro que presenta esta estrutura.

    Tratáronse tamén cuestións como o repintado do espigón norte, sinal de identidade para a Guarda nestes últimos anos e que o equipo de goberno quere recuperar, e tamén  a necesidade de mellorar o entorno do Museo do Mar. Neste último asunto, o alcalde comprometeuse a remitir a Portos de Galicia, antes da primavera, un proxecto de actuación  para a mellora dese entorno.

    Por último o alcalde demandou de Portos de Galicia a instalación de pantaláns flotantes para regular o atraque e eliminar o fondeo na pasaxe,  argumentando que esta instalación beneficiaría tanto aos profesionais como as embarcacións deportivas. O principal motivo que alegou o alcalde para esta demanda foi a necesidade de prestar un servizo aos máis 100 pescadores que fan a campaña de pesca no río durante 6 meses e que dende fai dous anos pasan as súas capturas por lonxa.

    • Share:
    Concello

    Previous post

    ESTE VENRES PRESÉNTASE A “V MOSTRA DAS TRADICIÓNS MARIÑEIRAS” QUE ESTE ANO SE ADICA ÓS GAMELEIROS
    14 January, 2016

    Next post

    Aprazados os actos programados para mañá en honor á figura de Rosalía de Castro debido ás condicións climatolóxicas
    24 February, 2016

    Search

    Categories

    • General
    • Highways and works
    • Tourism
    • Uncategorized
    • Women

    Rebulindo

    • Móvete (Actividade física)
    • Lemos Xuntos?
    • Dalle ó Play
    • Coñece a vila!
    • A vida é xogo
    • Acion (Formación)
    Logo Concello de A Guarda

    (+34) 986 610 000

    (+34) 986 610 283

    alcaldia@aguarda.es

    MOBILE APP

    You can download the official app of the town hall of A Guarda for:

    A Guarda IOS application
    A Guarda Android application

    Council

    • Write to the Mayor
    • Schedules of Interest
    • Sede Electrónica
    • Whistleblowing channel

    Información

    • Associations and Groups
    • Phones of interest
    • Emergency Pharmacy

    Recommended

    • Events
    • News

    © A Guarda 2017 Todos os dereitos reservados

    • Legal notice
    • Política de cookies
    • Privacy Policy