
O Auditorio de San Benito acolle este xoves o Showcase do Summer Intensive 2026 de Dansá Performing Arts e RDS Company
O Auditorio de San Benito acollerá este xoves, 30 de xullo, ás 19:00 horas, o Showcase do Summer Intensive 2026, un espectáculo organizado por Dansá Performing Arts e RDS Company que porá o broche final a unha semana de formación intensiva en danza.
O evento permitirá ao público descubrir o traballo realizado polo alumnado participante presentando sobre o escenario as coreografías e pezas desenvolvidas durante estes días de aprendizaxe. O Showcase constitúe o momento culminante do Summer Intensive, unha cita que combina formación de alto nivel e exhibición artística.
Ao longo da semana, as participantes recibirán clases de destacados profesionais do panorama nacional e internacional, entre os que se atopan Rubén de Sá, Vicky Wyatt, Shannon Atkins, Matthew Flinders, Lucy Ellis, Josie Lee e Tiago Lopes, referentes en diferentes disciplinas da danza.
O Summer Intensive consolídase é un espazo de formación e intercambio artístico que ofrece aos bailaríns e bailarinas a oportunidade de perfeccionar a súa técnica, ampliar coñecementos e traballar con docentes de recoñecido prestixio internacional.
O espectáculo dará comezo ás 19:00 horas e está aberto a todas aquelas persoas interesadas en gozar dunha proposta que pon en valor o talento, a formación e a creación coreográfica.


