O Campus Deportivo chega o seu fin cunha celebración pasada por espuma
O alcalde do Concello da Guarda, Antonio Lomba, e o concelleiro de Deportes, Javier Crespo despediros ós participante das escolas de balonmán, fútbol e baloncesto esta mañá coa entrega das medallas que dan conta do seu paso por este Campus Deportivo.
A festa da espuma, celebrada no exterior do pavillón da Sangriña, puxo fin a unha quincena chea de actividades, convivencia, xogos e deporte no que participaron máis de cen rapaces e rapazas, que se inscribiron nalgunha das tres modalidades deportivas ofertadas.
Amais das puramente deportivas, os participantes desfrutaron de actividades variadas, como obradoiros culturais, charlas educativas, visitas de deportistas destacados e saídas con fins lúdicos. O principal obxectivo deste Campus, con todo, consistiu en ofrecer ós pequenos a oportunidade de convivir nun entorno cacterizado polos valores da amizade e a educacións nos bos hábitos.