O clásico conto de Xan e as Fabas máxicas, a cita deste sábado dentro do Outono Teatral na Guarda
• Sábado 12 de novembro ás 18:00h no Salón de Actos do Centro Cultural.
Cunha coidada presentación e estética a compañía Caramuxo representa con teatro de monicreques e actor a proposta As Fabas Máxicas, cunha linguaxe actualizada e enlazada coa nosa realidade, a historia respecta non obstante o argumento orixinal do clásico conto infantil. Tras criarse na aldea coa súa avoa, Xan vive agora nun pequeno apartamento nun dos edificios mais altos de Nova York. Un día coidando das plantas da súa terraza, descobre algo que lle fai lembrar unha infancia chea de aventuras con xigantes, galiñas con ovos de ouro, plantas trepadoras ao infinito….mais con valor, emoción e inxeño conseguirán vencer todos os obstáculos.
A cita será este sábado ás 18:00h. no Salón de Actos do Centro Cultural da Guarda, non é precisa a inscrición previa e a entrada é de balde. A duración prevista é de 45min. Sendo unha proposta válida para nenos a partir dos 3-4anos
Este espectáculo é a segunda entrega para público infantil do ciclo Outono Teatral subvencionado pola Deputación de Pontevedra a través do Plan Concellos 2022.
Pódese atopar un adianto da proposta neste enlace: https://www.youtube.com/watch?v=1gcIA4abEQU
Tag:A Guarda, as fabas máxicas, cultura, monicreques, Teatro