(+34) 986 610 000
(+34) 986 610 283
alcaldia@aguarda.es
Praza do Reló 1, A Guarda, CP 36780
Login
No apps configured. Please contact your administrator.

Login with your site account

No apps configured. Please contact your administrator.
Lost your password?

  • Galician
  • English
Concello da GuardaConcello da Guarda
  • Search

    • Local Administration
      • Welcome of the Mayor
      • Local Administration
      • Reporting Committees
        • Special Account Commision
        • Plenary Affairs Commission
        • Urban Affairs Commission
      • Government Team
      • Municipal Corporation
      • Plenary Session Minutes
      • Minutes of Local Government Board
      • Flag and Local Coat of Arms
    • Regulatory Affairs
      • General Ordinances
      • Tax Ordinances
      • Regulations
      • Taxpayer’s Calendar
      • Payment Letters
    • Municipal services
      • CeMIT Room
      • Culture
      • Sport
      • Education
      • Nursery School
      • Heritage
      • Local Police
      • Social Services
      • Urbanism
      • Highways and Works
      • YOUTH (Municipal Youth Information Office- OMIX)
      • Municipal Market
    • MOT in A Guarda
    • Emergency Pharmacy
    • Spanish ID Card Renewal
    • Associations and Groups
    • Local Administration
      • Welcome of the Mayor
      • Local Administration
      • Reporting Committees
        • Special Account Commision
        • Plenary Affairs Commission
        • Urban Affairs Commission
      • Government Team
      • Municipal Corporation
      • Plenary Session Minutes
      • Minutes of Local Government Board
      • Flag and Local Coat of Arms
    • Regulatory Affairs
      • General Ordinances
      • Tax Ordinances
      • Regulations
      • Taxpayer’s Calendar
      • Payment Letters
    • Municipal services
      • CeMIT Room
      • Culture
      • Sport
      • Education
      • Nursery School
      • Heritage
      • Local Police
      • Social Services
      • Urbanism
      • Highways and Works
      • YOUTH (Municipal Youth Information Office- OMIX)
      • Municipal Market
    • MOT in A Guarda
    • Emergency Pharmacy
    • Spanish ID Card Renewal
    • Associations and Groups

    Turismo

    • Home
    • Turismo
    • O Concello da Guarda aposta novamente pola cultura mariñeira apoiando a actividade “Navega pola costa da Guarda co Volanteiro Piueiro”

    O Concello da Guarda aposta novamente pola cultura mariñeira apoiando a actividade “Navega pola costa da Guarda co Volanteiro Piueiro”

    • Posted by prensa
    • Categories Turismo
    • Date 12 July, 2022
    O Concello da Guarda aposta novamente pola cultura mariñeira apoiando a actividade “Navega pola costa da Guarda co Volanteiro Piueiro"

    A Asociación Cultural de Embarcacións Tradicionais Piueiro da Guarda presentou o Volanteiro Piueiro en 2019, esta embarcación de gran envergadura que navegou a vela pola nosa costa ata comezos do s. XX.

    Nos últimos anos a Asociación Piueiro ofreceu diferentes saídas de navegación e ten participado na promoción da nosa cultura mariñeira, tamén fora do noso concello. Destacou a presencia do volanteiro Piueiro no “Paisaia Istas Festibala” en maio deste ano. Tras días de navegación pola costa atlántica e cantábrica, o Pueiro e a súa tripulación participaron activamente neste festival de cultura mariñeira no País Vasco.

    A Asociación Piueiro lanzou hai un días o VERÁN PIUEIRO onde veciños e interesados poderán visitar a exposición “A túa esencia. A Guarda un pobo mariñeiro” na rúa Concepción Arenal ou mesmo aprender a remar coas gameliñas e botes na praia do porto cada tarde (16:00 – 19:00h). Ademais para os meses de xullo e agosto vanse ofrecer saídas gratuítas de navegación pola costa co Volanteiro Piueiro para aqueles que queiran descubrir esta embarcación a vela que incluirá ademais de navegación polo exterior do porto.

    Estas saídas de navegación comezaron na fin de semana da Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira, patrocinadas pola Concellería de Turismo, e continuarán tamén no mes de agosto. O Concello da Guarda colaborará coa xestión das reservas e tamén patrocinará as saídas do mes de agosto.

    O número de prazas por saída é limitado polo que é preciso reservar presencialmente na Oficina de Turismo (Praza do Reló) ou chamando ao teléfono 986 61 45 46.

    O prazo de inscrición abrirá o domingo anterior ás saídas desa mesma semana. Debido ao número reducido de prazas dispoñibles unha persoa poderá inscribir a un total de catro, excepto as unidades familiares. A idade mínima para participar é de 10 anos. Recordase que é preciso estar 10 minutos antes da saída no peirao do porto (escaleiras do muelle alto).

    Este verán as saídas terán unha duración aproximada de 50 minutos. Os horarios previstos das saídas diarias son 16:00h, 17:00h, 18:00 e 19:00h, durante as seguintes datas dispoñibles son:
    Xullo:
    • Xoves 14
    • Mércores 20
    • Venres 22
    • Mércores 27
    • Sábado 30 (Festa do Peixe Espada, amplíase unha saída máis: 20:00h).
    Agosto:
    • Xoves 4
    • Martes 17
    • Sábado 20
    • Martes 23
    • Venres 26
    • Mércores 31

    O Concello da Guarda aposta novamente pola cultura mariñeira apoiando a actividade “Navega pola costa da Guarda co Volanteiro Piueiro"

    Tag:piueiro, turismo, Volanteiro Piueiro

    • Share:
    prensa

    Previous post

    O concello da Guarda saca a licitación o subministro do equipamento para as dependencias da Policía Local e outros departamentos
    12 July, 2022

    Next post

    O Mercado semanal da Guarda pasa do sábado ao venres esta semana
    12 July, 2022

    You may also like

    • A Guarda afianza a execución do seu Plan de Sustentabilidade Turística (PSTD)
      8 May, 2025
    • Unha programación chea para esta Semana Santa
      9 April, 2025
    • O Concello da Guarda organiza catro andainas para este 2025
      13 March, 2025

    Search

    Categories

    • General
    • Highways and works
    • Tourism
    • Uncategorized
    • Women

    Rebulindo

    • Móvete (Actividade física)
    • Lemos Xuntos?
    • Dalle ó Play
    • Coñece a vila!
    • A vida é xogo
    • Acion (Formación)
    Logo Concello de A Guarda

    (+34) 986 610 000

    (+34) 986 610 283

    alcaldia@aguarda.es

    MOBILE APP

    You can download the official app of the town hall of A Guarda for:

    A Guarda IOS application
    A Guarda Android application

    Council

    • Write to the Mayor
    • Schedules of Interest
    • Sede Electrónica

    Información

    • Associations and Groups
    • Phones of interest
    • Emergency Pharmacy

    Recommended

    • Events
    • News

    © A Guarda 2017 Todos os dereitos reservados

    • Legal notice
    • Cookies policy
    • Privacy Policy