(+34) 986 610 000
(+34) 986 610 283
alcaldia@aguarda.es
Praza do Reló 1, A Guarda, CP 36780
Login
No apps configured. Please contact your administrator.

Login with your site account

No apps configured. Please contact your administrator.
Lost your password?

  • Galician
  • English
Concello da GuardaConcello da Guarda
  • Search

    • Local Administration
      • Welcome of the Mayor
      • Local Administration
      • Reporting Committees
        • Special Account Commision
        • Plenary Affairs Commission
        • Urban Affairs Commission
      • Government Team
      • Municipal Corporation
      • Plenary Session Minutes
      • Minutes of Local Government Board
      • Flag and Local Coat of Arms
    • Regulatory Affairs
      • General Ordinances
      • Tax Ordinances
      • Regulations
      • Taxpayer’s Calendar
      • Payment Letters
    • Municipal services
      • CeMIT Room
      • Culture
      • Sport
      • Education
      • Nursery School
      • Heritage
      • Local Police
      • Social Services
      • Urbanism
      • Highways and Works
      • YOUTH (Municipal Youth Information Office- OMIX)
      • Municipal Market
    • MOT in A Guarda
    • Emergency Pharmacy
    • Spanish ID Card Renewal
    • Associations and Groups
    • Local Administration
      • Welcome of the Mayor
      • Local Administration
      • Reporting Committees
        • Special Account Commision
        • Plenary Affairs Commission
        • Urban Affairs Commission
      • Government Team
      • Municipal Corporation
      • Plenary Session Minutes
      • Minutes of Local Government Board
      • Flag and Local Coat of Arms
    • Regulatory Affairs
      • General Ordinances
      • Tax Ordinances
      • Regulations
      • Taxpayer’s Calendar
      • Payment Letters
    • Municipal services
      • CeMIT Room
      • Culture
      • Sport
      • Education
      • Nursery School
      • Heritage
      • Local Police
      • Social Services
      • Urbanism
      • Highways and Works
      • YOUTH (Municipal Youth Information Office- OMIX)
      • Municipal Market
    • MOT in A Guarda
    • Emergency Pharmacy
    • Spanish ID Card Renewal
    • Associations and Groups

    Servizos sociais

    • Home
    • Servizos sociais
    • O Concello da Guarda conmemora o 8M co programa de actividades “Semente de Igualdade”

    O Concello da Guarda conmemora o 8M co programa de actividades “Semente de Igualdade”

    • Posted by prensa
    • Categories Servizos sociais
    • Date 2 March, 2023
    • Comments 0 comment
    O Concello da Guarda conmemora o 8M co programa de actividades “Semente de Igualdade”

    O Concello da Guarda aposta durante todo o ano pola Promoción da Igualdade entre mulleres e homes en todas as esferas da vida e pola visibilización da muller ao longo da historia, por esa razón, se busca darlle continuidade ao programa  “Semente de Igualdade”, unha campaña na que se inclúen as accións polo Día Internacional da Muller con actuacións musicais, obradoiros  e contos para crianzas, entre outras.

    As actividades arrancan o día 8 de marzo ás 12:30h na Casa dos Alonso, onde terá lugar unha concentración e lectura de manifestos acompañados dunha actuación musical a cargo da artista A Riso e a guitarrista Maite González

    A fachada da Casa do Concello será iluminada de cor morada e colocarase unha pancarta conmemorativa polo Día Internacional da Muller.

    O domingo día 12 de marzo ás 17:30h a praza de Avelino Vicente,  acolle “Elas contan moito”, unha divertida sesión de contos con música, na que a partir de varios álbums ilustrados se reflexiona sobre a igualdade entre nenas e nenos, a perspectiva de xénero e os estereotipos sexistas.

    Rosa Caramelo, O libro dos porcos ou Daniela Pirata son algúns dos títulos que se contarán nesta sesión de contos con música para gozar en familia, cunha duración aproximada duns 50 minutos e para público público familiar a partir dos 3 anos a cargo da contadora Bea Campos e o músico Manuel Pombal de Migallas Teatro.

     

    Durante o mes de marzo se levarán a cabo obradoiros sobre prevención de violencias machistas, baixo o título Lentes Violetas, dirixidos ao alumnado de 5º de Primaria dos centros educativos da Guarda.

     

    Estas dúas actividades dirixidas á poboación máis nova, son o eixo principal  do programa “ Semente de Igualdade”, porque a Promoción da Igualdade e a prevención de comportamentos machistas en idades temperás, son a chave para conseguir rachar coa Violencia Machista na nosa sociedade

    Para a xornada do xoves día 13  de abril, ás 20:30h na Casa dos Alonso está prevista a presentación do libro Todo chega desde o Mar, de Santiago Ferragud (escritor e músico). O autor estará acompañado por Beatriz Núñez, profesora de Debuxo e responsable do Departamento de Igualdade do IES A Sangriña.

    Da obra de Santiago Ferragud

    En 1972, a pesar das severas restricións da ditadura, unha folga do metal
    conseguiu paralizar Vigo durante máis de dúas semanas. Tres anos máis
    tarde, algúns daqueles folguistas fundaron GRAPO e, desde Madrid,
    estenderon as súas accións por todo o Estado, aínda que mantiveron
    sempre unha morbosa nostalxia cara a Vigo.

    En 1931, a anterior xeración de vigueses fixo que a cidade fora a primeira
    do país en proclamarse republicana; seguiron os cinco anos entusiastas,
    radicais e convulsos da República, e logo as sinistras intrigas previas ao
    alzamento militar e a represión á que foron sometidos os republicanos na
    Illa de San Simón.

    Esta novela conta o encontro entre dúas mulleres: Irene, contemporánea da
    folga do 72, profesora na universidade, a piques de xubilarse; e Xoana,
    unha nova licenciada, recentemente chegada a Vigo; diferentes por
    xeración e por vivencias, moi pronto lles unirá a paixón pola historia da
    cidade.

    “Todo chega desde o mar: ideoloxías e lendas, animais exóticos e
    invencións mecánicas, santos e soldados, restos de naufraxios e obxectos
    que alguén, nalgún afastado lugar, deixou de amar”.

    Do autor

    Santiago Ferragud naceu en Vigo en 1949.

    En 1965 fundou Los Temples, unha das bandas de rock and roll que
    xurdiron en cada barrio da cidade, producindo un chispazo de enerxía e
    ledicia no medio da néboa do franquismo.

    Estudou na Escola de Peritos e, nos anos setenta, comezou a súa vida
    profesional en empresas auxiliares dos estaleiros.

    Nunca abandonou a música e en 2010, movido pola súa vocación literaria,
    fundou Xardín Desordenado, unha banda que desde entón vén musicando a
    poetas galegxs.

    Todo chega desde o mar (Medulia Editorial, 2022) supón a estrea de
    Santiago Ferragud como novelista.

    Continuando coas actividades propostas, e dado o éxito obtido na 1ª edición de Historias de Mulleres Guardesas, este ano  durante o mes de maio vaise levar a cabo a 2ª edición, coa finalidade de visibilizar e pór en valor o importante papel das mulleres guardesas. Realizaranse un total de dúas actividades, un roteiro, que terá lugar o venres, 5 de maio ás 20:30 h con saída dende a Praza do Reló e unha andaina, o domingo 7 de maio ás 10:30 h, con saída dende a Alameda da Guarda. É preciso inscrición previa no Departamento de Turismo do Concello da Guarda, a través do teléfono 986614546ou no enderezo turismo@aguarda.es

    As actividades programadas están subvencionadas pola Deputación de Pontevedra e polo Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero do Ministerio de Igualdade.

    Tag:8M, A Guarda, Actividades, CIM, igualdade, muller!, programación

    • Share:
    prensa

    Previous post

    O Concello da Guarda saca a licitación as obras de mellora da mobilidade na Rúa Coruña
    2 March, 2023

    Next post

    Citas para a renovación do DNI na Guarda para o mes de marzo
    2 March, 2023

    You may also like

    • A Guarda retoma os “Encontros en Familia” o vindeiro 19 de setembro
      A Guarda retoma os “Encontros en Familia” o vindeiro 19 de setembro
      12 September, 2023
    • Licitación da xestión do Servizo de Axuda do Fogar
      Licitación da xestión do Servizo de Axuda do Fogar
      11 August, 2023
    • A Guarda recibe do 22 ao 25 de maio a unidade móbil de coidados sociosanitarios “Porta a Porta”
      A Guarda recibe do 22 ao 25 de maio a unidade móbil de coidados sociosanitarios “Porta a Porta”
      17 April, 2023

    Leave A Reply Cancel reply

    Your email address will not be published. Required fields are marked *

    Search

    Categories

    • General
    • Highways and works
    • Tourism
    • Uncategorized
    • Women

    Rebulindo

    • Móvete (Actividade física)
    • Lemos Xuntos?
    • Dalle ó Play
    • Coñece a vila!
    • A vida é xogo
    • Acion (Formación)
    Logo Concello de A Guarda

    (+34) 986 610 000

    (+34) 986 610 283

    alcaldia@aguarda.es

    MOBILE APP

    You can download the official app of the town hall of A Guarda for:

    A Guarda IOS application
    A Guarda Android application

    Council

    • Write to the Mayor
    • Schedules of Interest
    • Sede Electrónica

    Información

    • Associations and Groups
    • Phones of interest
    • Emergency Pharmacy

    Recommended

    • Events
    • News

    © A Guarda 2017 Todos os dereitos reservados

    • Legal notice
    • Cookies policy
    • Privacy Policy